Home A Coruña Moita participación no consello parroquial de Entrecruces, o primeiro dende que empezou...

Moita participación no consello parroquial de Entrecruces, o primeiro dende que empezou a pandemia

- Anuncio -

A próxima xuntanza está prevista para o xoves 12 no Centro Social de Rus

Os consellos parroquiais están de novo en marcha. O primeiro dende o inicio da pandemia celebrouse este martes en Entrecruces, con moita participación. Arredor de 30 persoas encheron o Centro Social, no que tamén se van recuperando pouco a pouco outro tipo de actividades.

O alcalde, Evencio Ferrero, informou á veciñanza sobre a aprobación do proxecto de abastecemento de auga a Entrecruces, que está pendente dos informes sectoriais para poder iniciar o procedemento de contratación e executar a obra o ano que vén. O investimento acada os 530.000 euros.

Ademais do alcalde, na xuntanza participaron representantes de todos os grupos da corporación municipal, así como do movemento asociativo da parroquia e veciños e veciñas a título individual. Por parte da veciñanza presentáronse solicitudes de distintas actuacións, fundamentalmente de limpeza de vías, alumeado, xestión de residuos, posta a punto de elementos etnográficos e acondicionamento de espazos de ocio para infancia e maiores. Outra cuestión, que ademais repítese en varios consellos, é o control da actividade madeireira, dados os danos que provocan os vehículos nos camiños.

Mañá xoves reunirase o Consello Parroquial de Rus, tamén ás 20.00 horas. As próximas xuntanzas serán nos centros sociais de Verdillo, o día 19; Ardaña, o 24; Imende (Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos), o 26, e Vilela, o 31.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas