Home O Morrazo Marín Marín acollerá a final masculina e feminina da Copa Galicia de Fútbol...

Marín acollerá a final masculina e feminina da Copa Galicia de Fútbol Sala

- Anuncio -

Será o 17 de maio na Raña. O evento foi presentado esta mañá por autoridades e representantes dos clubs que se enfrentan.

O Día das Letras Galegas, 17 de maio, Marín será o epicentro do fútbol sala galego, coa celebración da final da Copa Galicia Masculina e Feminina na Raña. Esta mañá, o Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación deste evento, coa presenza de Pablo Prieto, vicepresidente da RFGF e máximo responsable do fútbol sala en Galicia; a alcaldesa, María Ramallo; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Pontevedra, José Manuel Fernández; o coordinador do deporte base en Pontevedra, José Manuel Freire; e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña.

Trátase da XXX edición masculina deste evento e da XV feminina, sendo unha competición do máis alto nivel autonómico que poderá verse no Pavillón da Raña, “que xa é como a nosa casa”, tal e como declarou en rolda de prensa Prieto.

Na final feminina, que será ás 17.00 horas, enfrentaranse o Ourense C.F. co Envialia Poio Pescamar FS. Pola súa parte, na masculina, ás 20.00 horas, loitarán pola copa O Parrulo Ferrol e o Noia Portus Apostoli.

Prieto quixo destacar e agradecer “a implicación do Concello para poder acoller un evento coma este e especialmente, a do Club Deportivo La Peña, que ten unha gran proxección” e animou a toda a veciñanza de Marín e aos seguidores do fútbol sala a non perder esta xornada única para o deporte galego.

Pola súa banda, a alcaldesa, María Ramallo, agradeceu tamén “que de novo poidamos contar na nosa vila cun espectáculo deportivo do máis alto nivel, especialmente tratándose de fútbol sala, que en Marín, cos nosos equipos locais, ten unha gran canteira”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas