Home O Morrazo Moaña Inauguración do proxecto Leader Centro de Día da asociación AFAMO en Moaña

Inauguración do proxecto Leader Centro de Día da asociación AFAMO en Moaña

- Anuncio -

Este mércores, día 11 de maio ás 19 h. esta prevista a inauguración do proxecto “Creación de Centro de día AFAMO (Tirán)” no concello de Moaña, financiado con fondos LEADER na anualidade 2021/22, promovido pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer da comarca do Morrazo.

Este novo centro de AFAMO situado na parroquia de Tirán, disporá de 26 prazas, e estará orientado ás persoas maiores de 65 anos, cun deterioro cognitivo moi leve ou sen unha demencia diagnosticada da comarca do Morrazo.

Ao acto asistiran entre outros o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo, o presidente do GDR Pontevedra Morrazo e alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a Alcaldesa de Moaña Leticia Leticia Santos Paz.(xunto remitimos programa previsto)

O obxectivo do proxecto é, ofrecer servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de manutención, coidado persoal, aseo e hixiene, control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVD); ademais dos servizos terapéuticos (programa de intervención terapéutica á persoa usuaria, programa de asesoramento ás familias, programa de apoio psicolóxico e programa de formación) e os servizos complementarios (catering, transporte, etc.). A asociación, conta ademais na zona do Rosal de Moaña, con outro centro de día complementario, destinado a persoas con alzhéimer.

O proxecto, supuxo un investimento de 146.148 € e contou cunha axuda pública de 100.476,92 € (68,75 %) de fondos Leader, xestionados a través do GDR Pontevedra Morrazo e cofinanciados polo FEADER (75%), AGADER (22,5%) e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).

A Asociación de familiares de persoas con Alzhéimer e outras demencias do Morrazo (AFAMO) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace con data 14/09/2000. Entre os seus fins figura contribuír ó benestar das persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias e das súas familias, así como ó colectivo de persoas maiores. Está inscrita como Entidade prestadora de Servizos Sociais con data 23/06/2001, e é Declarada de Utilidade Pública con data 18/06/2007.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas