Home Pontevedra A Lama A Deputación leva a Poio, A Lama, Ponte Caldelas e Campo Lameiro...

A Deputación leva a Poio, A Lama, Ponte Caldelas e Campo Lameiro o espectáculo “De Valdeorras a México. Terra A Nosa” sobre Florencio Delgado ao abeiro das Letras Galegas

- Anuncio -

Os departamentos de Lingua e Memoria programan 35 pases da actividade en toda a provincia, comezando este venres en Poio ás 17h no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó

Repartiranse 1.000 exemplares da biografía de Gurriarán entre as bibliotecas e os centros de Primaria

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ás representacións do espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’. Na área de Pontevedra as representacións realizaranse este venres 13 no Concello de Poio, ás 17 horas no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, o 24 ás 11h no CEIP de A Lama, o 25 de maio en Ponte Caldelas (19h na Casa da Cultura), o 26 en Cerdedo-Cotobade, e o 5 de xuño en Campo Lameiro.

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) co Día das Letras Galegas 2022. A deputada de Lingua e Memoria María Ortega considera que o autor é unha das voces máis senlleiras da literatura do exilio polo que nas actividades de realce da súa figura organizadas dende o organismo provincial era precisa unha programación que tivera como protagonismo á cativada. “Por iso ideamos da man da afamada empresa de contacontos ‘Polo correo do vento’, unha actividade que, de xeito ameno e participativo, lles achegue a figura do homenaxeado como exemplo de amor á Terra e mantemento da loita polos ideas, mesmo nas peores das circunstancias”, subliñou a nacionalista.

Na actividade alternarase a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais. Contará ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás súas idades e un obradoiro no que cada participante realice a súa propia caricatura do autor.

Foron adxudicatarios das obras os 35 primeiros concellos que presentaron instancia de solicitude, esgotándose os espectáculos dispoñibles apenas en tres horas. Para a deputada María Ortega o interese amosado polos concellos é mostra de que cada vez máis hai consciencia da necesidade de que as administracións traballen a prol da lingua e da memoria achegando a cativada formatos atractivos para cada idade.

Ademais das obras sobre Florencio Delgado Gurriarán, a Deputación tamén achegará ás bibliotecas municipais e aos centros de ensino pequenas biografías destinadas á cativada. Para o alumnado de Primaria o servizo Editorial da Deputación editou a peza ‘Levar paisaxes nos ollos’ e para a xente moza editou unha banda deseñada coordinada por Kiko da Silva, con guión de Fernando Llor e ilustracións do alumnado de ‘O Garaxe Hermético’. Cadansúa das publicacións tivo unha tiraxe de 1.000 exemplares.

Máis representacións
Os espectáculos de Polo Correo do Vento comezarán este venres 13 en Poio e estenderanse no tempo ata o 27 de xullo. Na área de Redondela estarán o 3 de xuño no concello homónimo e en Pazos de Borbén o 8 de xuño; na zona de Louriña, o 22 de maio en Mos e o 28 de maio en O Porriño, ás 18 horas na rúa San Bieito, coincidindo coa Feira do Libro; na zona do Val Miñor en Baiona o 10 de xuño e Gondomar o 3 de xullo; no Baixo Miño en Oia o mesmo día das Letras Galegas, o 17 de maio ás 18 h no Centro Sociocultural de Pedornes, en O Rosal o 26, en Tomiño o 29 do mesmo mes ás 17.30h no Auditorio de Goián, e en Tui o 7 de xuño; na comarca do Condado-Paradanta será en A Cañiza 29 de maio, en Ponteareas o 2 de xuño, Mondariz o 4 de xuño e Salvaterra o 13 de xuño.

No Salnés estarán o 7 de xullo en Sanxenxo, o 19 de xullo en O Grove, e o 27 do mesmo mes en A Illa de Arousa, quedando por axendar data aínda en Meis e Ribadumia. No Morrazo o espectáculo irá a Cangas o 20 de maio. No Deza-Tabeirós, o 23 de maio en Dozón ás 16 horas no CEIP Pio Cabanillas Gallas, o 29 de xuño en Rodeiro, o 6 de xullo en Vila de Cruces e o 22 do mesmo mes en Agolada. Na comarca de Caldas estarán o 1 de xullo en Cuntis, o 2 en Pontecesures, o 7 en Caldas, o 12 en Portas, o 14 en Catoira, o 21 en Moraña.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas