Home Ourense O alcalde plantexa estimular o consumo no comercio e hostalaría da cidade...

O alcalde plantexa estimular o consumo no comercio e hostalaría da cidade con axudas directas a toda a veciñanza

- Anuncio -

Esta fórmula e apoiada e a preferida por colectivos como a Federación de Comercio, Centro Comercial Aberto, CEO e Agrupación de Libreiros tras falar co alcalde esta semana

Todos os cidadáns recibirían un vale para consumir exclusivamente no comercio de proximidade, a hostalería e servizos profesionais da cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valora incorporar novidades ás axudas para a dinamización económica da cidade que concederá o Concello este ano. No escenario actual, logo da finalización da maior parte das restricións ocasionadas pola pandemia, estudia que as axudas que o Concello concedeu o ano pasado aos autónomos da cidade se estendan á totalidade da veciñanza da cidade, en forma de vales para estimular o consumo nos sectores locais de comercio de proximidade, hostalaría e servizos profesionais.

O alcalde valora esta opción logo de manter xuntanzas con colectivos profesionais como a Federación de Comercio, o Centro Comercial Aberto Ourense Centro, a agrupación de libreiros de Ourense ou a Confederación Empresarial de Ourense. Entende, explica o rexedor, que sería un paso adiante, xa que contribuiría a dous obxectivos básicos: “fomentar o consumo na cidade e levar a xente aos comercios e aos locais de hostalaría”.

Trátase dun modelo que xa se aplicou con bos resultados noutras cidades españolas. As axudas serían vales para o consumo. Os cidadáns recibirían un vale para consumir única e exclusivamente en establecementos de autónomos locais, principalmente dos sectores de hostalaría, pequeno comercio e profesionais varios como perruquerías, talleres, etc. Os vales estarían dispoñibles para estimular o consumo a finais do ano 2022. O alcalde trasladaralles esta proposta aos demais grupos municipais a través dunha xunta de voceiros que convocará para o vindeiro xoves día 19.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas