Home A Coruña O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de...

O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de Florencio Delgado Gurriarán por medio dunha xincana sobre a súa vida e obra

- Anuncio -

A actividade desenvolverase este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado de San Ramón

É unha proposta gratuíta, pero fai falla inscrición previa a través de correo@moeche.gal

O homenaxeado o 17 de Maio é, quizais, un dos persoeiros da nosa cultura menos coñecidos para o público en xeral de todos aqueles e aquelas a cantas se lles tén rendido tributo. Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Los Ángeles, 1987) foi un poeta e activista político que pasou a maior parte da súa vida no exilio en México, sendo a un tempo parte da emigración forzada trala Guerra Civil e aglutinador do galeguismo no país centroamericano. Se cadra por iso a súa obra e vida non tiveron tanta difusión como deberían, aínda que a elección por parte da Real Academia Galega para adicarlle as Letras Galegas deste ano está axudando en certo modo a cubrir ese baleiro. Á descuberta de quen foi e que significou Florencio Delgado tamén se suma o Concello de Moeche, quen lle propón ás nenas e nenos coñecer a súa figura por medio dun xogo cooperativo que se desenvolverá este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado.

O título da actividade é, precisamente, “Quen dis que era Delgado Gurriarán?” e está concibida como unha xincana arredor da obra e a figura do autor. Por medio do xogo a cativería deberá ir superando retos que lle axudarán a resolver un enigma ou cumprir unha misión final.

O colectivo Xandobela explica que a actividade se desenvolverá distribuíndo polo recinto do mercado un total de 13 carteis con cadanseu reto. Serán tarefas que a rapazada terá que ir facendo en parellas, todas elas moi sinxelas “para que todas as rapazas e rapaces poidan resolvelas”, pero rigorosas abondo para garantir a aprendizaxe ou o reforzo sobre os coñecementos previos que teñan sobre o autor e a súa obra.

A mecánica explicarase antes do comezo do xogo e, a grandes trazos, consiste en ir percorrendo cada un dos paneis e superando as probas que se propoñen neles. Se un cartel está ocupado por outro equipo haberá que agardar a que quede libre ou buscar outro que o estea. Os equipos non poderán pedir axuda e esta primeira parte do xogo irá cronometrada.

Unha vez remate o tempo, o grupo reunirase e tentarase resolver o enigma final, poñendo en común para iso todas as pistas e a información que fosen recollendo nos retos de cada cartel.

A actividade está pensada para cativas e cativos a partir dos 8 anos e comezará a iso das 12:00h, cunha duración estimada dunha hora.

Libros para a Casa Niño e para a Casa do Maior
Ademais desta actividade organizada para a mañá do sábado, o Concello tamén aproveitará a celebración do 17 de Maio para entregarlles á Casa Niño e á Casa do Maior lotes de libros en galego, co obxectivo de que creen e vaian ampliando cadansúa biblioteca.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas