Home A Coruña A Unidade de Investigación de Incendios Forestais impulsa un Plan de Prevención...

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais impulsa un Plan de Prevención dos Lumes nas zonas periféricas

- Anuncio -

Persoal do Distrito Forestal, Protección Civil, Policía Local e técnicos municipais celebraron hoxe un encontro para preparar as accións

A parroquia de San Xoán Bautista foi escenario en cinco anos de 71 incendios forestais, segundo consta no último Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) publicado pola Consellería do Medio Rural. Curiosamente, malia ser a parroquia galega na que máis lumes se rexistran, tamén é a parroquia galega con menor superficie queimada: só 8,78 metros cadrados nos mesmos cinco anos. O problema, polo tanto, non é outro que a reiteración deses pequenos focos, e por iso figura entre as 35 Parroquias de Alta Intensidade Incendiaria (PAII) de Galicia.

Para intentar frear este goteo de pequenos incendios, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) impulsa un plan de prevención no que están implicados todos os corpos que traballan contra o lume. Hoxe celebrouse na base de Protección Civil un encontro ao que asistiron membros da UIFO, o xefe do Distrito Forestal, Manuel Capón, e outros representantes do mesmo, axentes ambientais, Protección Civil, Policía Local, técnicos municipais e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane. O obxectivo, como explicou a axente da UIFO Yolanda Camba, foi “analizar a situación dos incendios de interfaz no concello e ver que se pode facer para previlos”. Da xuntanza saíron unha serie de propostas de actuación que se levarán a cabo nos vindeiros meses nesas zonas concretas nas que se rexistran lumes de maneira reiterada.

Os incendios de interfaz son aqueles que se producen en áreas periféricas nas que coinciden zonas forestais e asentamentos humanos, e por iso é tan importante previlos, porque poden afectar ás persoas. A práctica totalidade destes lumes teñen que ver con actividades das persoas, tanto intencionais coma accidentais. O papel da UIFO é o estudo e seguimento desas parroquias para determinar as causas e motivacións dos incendios e tratar de deter aos presuntos incendiarios. A unidade, creada pola Xunta de Galicia o ano pasado, está formada por 15 persoas da escala de axentes ambientais, con dependencia directa do director xeral de Defensa do Monte, e que están desvinculadas das tarefas de extincións para centrarse na investigación.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas