Home Pontevedra O Condado As panadarías de Ponteareas repartirán 9.000 bolsas de pan ecolóxicas para conmemorar...

As panadarías de Ponteareas repartirán 9.000 bolsas de pan ecolóxicas para conmemorar o Día das Letras Galegas

- Anuncio -

Difundirán as figuras de Florencio Delgado, homenaxeado este ano, e do xograr ponteareán Martín de Ginzo

Ponteareas fará chegar o Día das Letras Galegas a milleiros de fogares. O Concello, como vén facendo dende hai varios anos, divulgará a figura do poeta homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, a través de bolsas de pan conmemorativas que embolsarán e repartirán as panadarías locais.

Serán bolsas que levarán impresas por unha cara a imaxe e poemas de Delgado, mentres que, pola outra cara, renderá homenaxe ao xograr ponteareán Martín de Ginzo.
En total serán 9.000 bolsas de papel ecolóxicas procedente de fontes sostíbeis, fabricadas en Galicia e reciclábeis que permitirá achegar a figura destes persoeiros da literatura a todas e todos os ponteareáns.

O concelleiro de Lingua e Cultura, Fernando Groba, agradece a todas as panadarías locais a súa colaboración un ano máis para seguir difundindo figuras literarias de relevo e anima á veciñanza a achegarse aos seus establecementos habituais para conseguir este orixinal elemento conmemorativo.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas