Home Vigo Mos Mos sóbese de novo ao bus do teatro

Mos sóbese de novo ao bus do teatro

- Anuncio -

Súmase por segunda vez á iniciativa do Centro Dramático Galego que subvenciona o transporte á Estrada para asistir a ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ de Avelina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos proponse unha nova actividade cuxo prazo de inscrición atópase xa aberto.

Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo por segunda vez en Mos e pretende achegar o teatro á veciñanza mosense e para elo os interesados poderán contar con transporte gratuíto para asistir a unha obra profesional na Estrada, tendo que aboar únicamente 3 euros por persoa en concepto de entrada. Esta interesante actividade conta con subvención do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

A obra da que poderán gozar os participantes na iniciativa é ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, de Avelina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. Trátase dunha producción do Centro Dramático Galego que se representa no Teatro Principal de A Estrada.

A iniciativa leva por título ‘Sobes ao autobús do teatro?’ e atópase incluída no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

A data en que se realizará a actividade será o 4 de xuño con hora de saída ás 18:30 horas e lugar de saída desde o Multiusos das Pozas. A hora de regreso será ás 22:30 horas.

O prezo da entrada é de 3€ e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar o total de 50 prazas dispoñibles. Trátase dunha actividade para maiores de 18 anos.

Para máis información e inscricións, na Sede Electrónica ou na oficina de Participación Cidadá (OMIX) do Concello de Mos.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas