Home Pontevedra Baixo Miño Xarope Tulú presenta este mércores na Biblioteca Municipal “Corochas”

Xarope Tulú presenta este mércores na Biblioteca Municipal “Corochas”

- Anuncio -

É un espectáculo de contacontos para bebés que forma parte do programa “Tui en Letras”

Este mércores, 18 de maio, ás 18 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle unha nova actividade do programa “Tui en letras” que promove a concellería de Cultura do Concello de Tui. Trátase do contacontos para bebés “Corochas” a cargo de Xarope Tulú.

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0-3 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación, viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. A duración aproximada é de 40 minutos. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

Para a concellería de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, con esta nova actividade do programa de dinamización cultural e lingüístico que realiza o Concello de Tui co nome de “Tui en letras” se promove entre os nosos cidadáns mais cativos e as súas familias o acceso á narración oral como unha especial fórmula de transmisión da nosa lingua e cultura. Este programa “Tui en letras” conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas