Home Pontevedra Poio O núcleo de Campelo contará nos vindeiros días con zona de carga...

O núcleo de Campelo contará nos vindeiros días con zona de carga e descarga e servizos

- Anuncio -

• A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG), explica que a actuación realízase dando resposta ás demandas da veciñanza e to tecido comercial próximo á contorna da Praza da Granxa

• Os traballos consistirán na instalación dunha sinalización que deixa sen diferenciación a calzada e a beirarrúa, garantindo a prioridade do tránsito peonil, cun espazo para que as condutoras e condutores poidan facer paradas rápidas

O Concello de Poio procederá nos vindeiros días á dotació de sinalización no tramo da rúa Pedro Soto que atravesa un dos núcleos principais de Campelo, nas inmediacións da Praza da Granxa, co obxectivo de consolidar a plataforma única como un espazo sen diferenciación entre a calzada e as beirarrúas, co obxectivo de habilitar unha zona para efectuar tarefas de carga e descarga e de servizos. Así o confirma a concelleira de Seguridade Cidadá, a nacionalista Marga Caldas, que explica que esta medida lévase a cabo en resposta ás demandas realizadas pola veciñanza e polos profesionais e comerciantes da zona. “Facilitamos deste xeito que os condutores e condutoras poidan realizar paradas breves para efectuar diferentes xestións, nunha área na que existen moitos negocios”, sinalou. A concelleira do Goberno local lembra que “a actual infraestrutura non contemplaba a opción de parada, polo que realizala constituía unha infracción por aparcamento indebido sobre a beirarrúa. Así pois, esta medida levámola a cabo tras estudar a maneira de dar resposta a esta demanda”, engade.

Tal e como apunta Caldas Moreira, as tarefas para a dotación desta sinalización, que será tanto vertical como horizontal, levaranse a cabo ao longo desta semana. “Estabamos pendentes da finalización das Festas da Fátima para que os traballos non afectasen ás
celebracións”, explicou, ao tempo que estimou que a actuación estará completada “en poucos días”, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o permitan. A dotación
desta zona de carga e descarga e servizos conta cos pertinentes informes técnicos favorables, nos que se establece que a actuación se estenderá a través de máis 600 metros cadrados.

Por último, a titular de Seguridade Cidadá apunta que “a preferencia na circulación
seguirá a ser para o tránsito peonil” e que tamén se tomarán medidas para a redución de
velocidade.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas