Home Pontevedra Poio O concello adxudica á empresa Covsa a mellora integral do núcleo da...

O concello adxudica á empresa Covsa a mellora integral do núcleo da Puntada, Portosanto e Saíñas

- Anuncio -

• O concelleiro de de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, sinala que a actuación contará cun orzamento que ascende a máis de 937.000 euros, IVE engadido, financiado a través do Programa Reacpon e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

• A obra, que dará comezo nas vindeiras semanas, suporá “un antes e un despois” para esta zona de San Salvador, que contará con novos servizos e verá mellorada a humanización, a seguridade e a mobilidade sostible

A empresa Construcciones Obras y Viales Sociedad Anónima (COVSA) será a encargada de executar a rehabilitación integral e de mellora sostible na Puntada, Portosanto e Saíñas, un dos principais núcleos da parroquia de San Salvador. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión a adxudicación do proxecto, logo de que se presentasen ao concurso de licitación catro firmas. O orzamento ascende a un total de 937.752,60 euros, IVE engadido, e finánciase nun 80% a través do programa ReacPon da Deputación de Pontevedra. O 20% tamén se cubrirá con fondos provinciais.

Así o confirmou o concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), cuxo departamento foi o responsable de impulsar a actuación e tramitar a obtención das axudas. “Estamos a falar dunha obra de gran calado, que suporá a completa transformación dunha contorna que actualmente se atopa nun estado de degradación importante e que suporá un antes e un despois para a veciñanza desta zona de San Salvador”, salientou.

Unha vez completado o proceso de licitación, Agís sinala que os traballos darán comezo nas vindeiras semanas, de xeito que, salvo imprevisto, a obra estará en marcha no verán. “A diferencia do que ocorre noutros emprazamentos do concello, nesta zona a tempada estival non supón un impedimento para a realización da actuación. De feito, en lugares como Saíñas, onde se atopa a escola infantil, é unha vantaxe, polas vacacións”, indica o responsable de Urbanismo, que incide en que “trataremos de que as obras xeren as menores molestias posibles á veciñanza”. O Concello contempla a finalización do proxecto para a primavera de 2023.

As obras incluirán a renovación e dotación de servizos básicos, así como a humanización de diferentes espazos, facendo especial fincapé na seguridade peonil e na redución da pegada de carbono, respectando en todo momento as construcións tradicionais. Ademais, desde A Puntada se traballará tamén na posta en marcha dunha senda costeira ata Pontevedra.

Gregorio Agís lembra que o proxecto foi dado a coñecer á cidadanía durante a fase de redacción.
O edil do Goberno local lembra, ademais, que esta actuación, unha das más ambiciosas a executar durante o actual mandato e que segue a filosofía do Concello de revitalizar e poñer en valor os núcleos tradicionais e a mobilidade sustentable, contou co rexeitamento do Partido Popular de Poio.

Relacionadas

O BNG de Vigo critica que o Goberno de Caballero “promete moito pero fai...

0
A fronte nacionalista denunciou no Pleno a permanente inexecución dos presupostos, despois de que o propio Goberno municipal recoñeza no marco orzamentario 2025-2027 que...

O “Día da Xuventude” chega este mércores a Oia coas súas propostas de ocio...

0
Oia acollerá este mércores 1 de maio a programación das actividades formativas e de ocio saudable do “Día da Xuventude” que vén de poñer...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto...

0
O novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar...

Contacontos para bebés con Pablo Díaz na Biblioteca Municipal

0
A cita será mañá martes ás 18 h dentro da programación de “Tui en Letras” Mañá martes, 30 de abril, ás 18 h a Biblioteca...

O concello de Nigrán ofrece este mércores o concerto da Banda de Acordións Metropolitana

0
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 1 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. A...

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Publicacións Relacionadas