Home A Coruña A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago...

A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago para concienciar aos universitarios sobre a importancia da reciclaxe

- Anuncio -

— Durante toda a mañá e ata as 18,30 horas, dous monitores resolverán as dúbidas dos participantes e aproveitarán as consultas que lles trasladen para recompilar datos sobre o comportamento deste colectivo ante a xestión dos residuos

— Baixo o lema ‘Non deixes que a túa reciclaxe sexa cuestión de sorte’, realizaranse diferentes actividades cun enfoque lúdico-pedagóxico como o xogo da ruleta, no que as persoas que se acheguen ata a caseta poderán conseguir agasallos corporativos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da empresa pública Sogama, instalou hoxe un punto informativo sobre xestión e tratamento de residuos no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co obxectivo de sensibilizar aos mozos co gallo do Día internacional da reciclaxe, que se celebra mañá martes en todo o mundo.

O lugar escollido para instalar a caseta —atendida por dous monitores e aberta ao público desde as 10,30 ata as 18,30 horas de hoxe— foi un punto intermedio entre a Biblioteca Concepción Arenal e a Facultade de Dereito, unha zona de tránsito para moitos estudantes, polo que desde primeira hora recibiu un bo número de visitas.

O presidente de Sogama, Javier Domínguez, achegouse este mediodía ao punto informativo, onde explicou que o obxectivo da iniciativa é resolver as dúbidas que poidan ter os transeúntes e, particularmente, os universitarios sobre a separación de residuos en orixe e o seu posterior depósito nos diferentes contedores de recollida selectiva. Así mesmo, preténdese recompilar datos sobre o comportamento dos mozos ante a xestión dos residuos urbanos e conciencialos da importancia de poñer en práctica cada día o principio das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

A información que se proporciona aos visitantes combina o enfoque pedagóxico e o lúdico, dispoñendo para isto de pantallas de vídeo interactivas. Así mesmo, un dos atractivos da iniciativa —baixo o lema Non deixes que a túa reciclaxe sexa cuestión de sorte— é o xogo da ruleta, a través do cal os participantes poderán facerse con diferentes agasallos corporativos, gratificando así o seu interese e implicación.

Na véspera do Día internacional da reciclaxe, a Xunta, a través de Sogama, quere dar máis visibilidade ao hábito de reciclar entre o público universitario e facilitarlles aos mozos a oportunidade de preguntar e deixar constancia dos seus comentarios, observacións e reflexións ao respecto, e que cooperen na transmisión de coñecementos e na sensibilización ambiental da poboación.

Neste sentido, cómpre subliñar que Galicia avanza con paso firme cara ao cumprimento dos obxectivos europeos en materia de reciclaxe e para isto necesita da colaboración de toda a cidadanía. Segregando os residuos no fogar, no traballo, na escola, na universidade e no tempo de lecer, e utilizando correctamente os contedores, o camiño da reciclaxe farase con maiores garantías e mellores resultados.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas