Home Pontevedra Limpeza do río Pexegueito polo alumnado do IES Pedro Floriani.

Limpeza do río Pexegueito polo alumnado do IES Pedro Floriani.

- Anuncio -

Na xornada do 4 de abril, levouse a cabo unha xornada de limpeza dun río próximo ao centro educativo. O tramo onde se realizou a limpeza foi o “Ameneiral do Pexegueiro” de alto valor por ser un “corredor ecolóxico” (calificado así polo Plan de Ordenación do Litoral).

Durante este curso escolar o alumnado do IES Pedro Floriani participou en distintas actividades para coñecer o patrimonio natural e etnográfico da zona. Estas actividades están dentro do programa de educación ambiental “Coidando do entorno e das persoas”, a cargo do educador ambiental e patrimonial Álvaro Diego Fuentes, que está sendo financiado polo Concello de Redondela e aplicado tamén en outro centro educativo do municipio.

Este mércores o alumnado pasou á acción colaborando na mellora deste entorno natural coa limpeza dunha gran cantidade de residuos, nas proximidades do muíño do rato, descuberto fai pouco grazas aos traballos de campo realizados pola asociación cultural Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.

A actividade púdose realizar grazas aos desbroces realizados polo Concello de Redondela, a petición da referida asociación, para recuperar os camiños antigos paralelos ao río.
O alumnado saíu andando do mesmo IES co material necesario facilitado polo Concello, para trasladar posteriormente os residuos ao centro educativo. O alumnado montou unha exposición metendo parte dos residuos recollidos dentro dunha gran rede de pesca, que simboliza o lixo que “pescaron”, evitando así que esa contaminación siga no medio natural, rematando na ría e afectando a nosa saúde. A “Expo Lixo” estará na entrada do centro educativo para sensibilizar a todas as persoas que pasen por alí.

Ao longo do que queda de curso o alumnado participante realizará diversas actividades para concienciar ao resto do alumnado sobre a necesidade de respetar e coidar o noso entorno.

Relacionadas

A primavera continúa no Mercado de Tomiño cun obradoiro de conservas

0
Amparo Grandía, de Petiscos, impartirá este taller o vindeiro mércores 15 de maio de 10.30 a 13.30 horas Abertas as inscricións na web do mercado O...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Telmo Martín pecha un primeiro ano de mandato nefasto, con máis impostos, máis custes...

0
BNG de Sanxenxo advirte de que as consecuencias da política de cemento do  señor Martín “xa nos afecta ao peto de toda a veciñanza”,...

A Festa do Choco contará cun Punto Violeta e horarios con baixa emisión de...

0
Redondela prepárase para celebrar a Festa do Choco, e faino cunha coidada programación que inclúe non só unha excelente oferta gastronómica, senón tamén unha...

A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós exames

0
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU...

Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

0
Tras o éxito de acollida do concerto que se celebrará o sábado 11 ás 20.30 horas, Agrupación Musical do Rosal abre a reserva para...

Publicacións Relacionadas