Home Pontevedra O Salnés Telmo Martín pecha un primeiro ano de mandato nefasto, con máis impostos,...

Telmo Martín pecha un primeiro ano de mandato nefasto, con máis impostos, máis custes para a veciñánza, máis sentenzas desfavorables e soldos máis altos

- Anuncio -

BNG de Sanxenxo advirte de que as consecuencias da política de cemento do  señor Martín “xa nos afecta ao peto de toda a veciñanza”, coa suba aplicada ao  imposto de vehículos 

Os nacionalistas salientan o traballo feito desde a oposición, con “propostas en  positivo” e accións que serviron para frear o ‘decretazo’ que o Partido Popular  quixo impulsar para cobrar vados con carácter retroactivo “e pola porta de  atrás” 

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego  de Sanxenxo define como “nefasto” o primeiro ano de Goberno de Telmo Martín.  Doce meses nos que, ademais das deficiencias que presentan varias  infraestruturas e o mal funcionamento de distintos servizos (especialmente no  rural), consolídanse “máis impostos, con máis custes para a veciñanza; máis  sentenzas urbanísticas desfarovables e un incremento de soldos para o Partido  Popular”. Así de rotundo se amosa o voceiro do BNG, Fran Leiro, cando fai balanzo  da xestión do Goberno local desde que revalidou a súa maioría absoluta. “As  consecuencias da política de cemento e formigón do señor Martín son evidentes e  están á vista de todos. A día de hoxe temos uns impostos máis altos, con subas ás  que os veciños e veciñas de Sanxenxo xa estamos a facer fronte. Atopámonos  tamén cunha resolución xudicial desfavorable sobre os terreos das Cunchas, que  traerá como consecuencia o pago total de 15 millóns de euros e todo pola  inoperancia e a incapacidade de xestión do señor Telmo Martín”, advertiu. 

Con respecto aos impostos, desde o BNG alertan de que xa nas últimas semanas  están a chegar desde o ORAL os recibos do Imposto de Vehículos de Tracción  Mecánica (IVTM), nos que xa se aplican a suba aprobada polo Goberno do Partido  Popular. “Estamos a falar dun incremento importante que nos afecta ao peto dos 

veciños e veciñas”, avisa Fran Leiro, que lembra que isto só e é o comezo, porque  nos vindeiros meses tamén entrará o novo recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI), outra das taxas incrementadas por Telmo Martín “para poder facer fronte á  sentenza das Cunchas e cubrir ese 20% de aumento de soldos dos membros do  Goberno local. A costa do esforzo da cidadanía”. Todo isto agravado polas mentiras  do alcalde, que en campaña electoral prometeu unha baixada de impostos. “Non  necesitou máis ca uns meses para deixar claro o que vale a súa palabra”, engade  Leiro. 

Para os nacionalistas é moi grave o feito de que estes aumentos non se traduzan  nuns mellores servizos e actuacións que sirvan para mellorar a calidade de vida da  veciñanza de Sanxenxo. “Máis ben ao contrario”, lamenta Leiro, que recorda as  deficiencias detectadas en diferentes equipamentos e infraestruturas municipais,  ás cales “aínda non se lle deron arranxo, a pesar das promesas do Goberno local”.  Ademais, o voceiro do BNG sinala que “moita xente, especialmente do rural, nos  traslada as súas queixas e preocupación pola falta de limpeza e de mantemento.  Achégase o verán e o señor Martín só ten tempo para pensar en bandeiras azuis e  en ter conexión wifi na praia de Silgar”. 

Por último, desde o Bloque fan unha valoración positiva do traballo que se está a  realizar desde a oposición. Ademais de facerse eco e dar traslado das inquedanzas  e preocupacións de veciñanza, o BNG salienta a campaña informativa efectuada  entre os meses de decembro e xaneiro, que freou o ‘decretazo’ que o señor Telmo  Martín comezara a aplicar “pola porta de atrás” cos vados, esixindo un pago, con  carácter retroactivo desde 2020, que non viña estipulado na ordenanza. Asemade,  os nacionalistas facilitaron, coas súas propostas en positivo, que se dese resposta a  necesidades como a dotación dun Aula de Estudo. “No pleno municipal o señor  Martín chegou a burlarse da nosa demanda dicindo que non era necesaria unha Aula de Estudo, que quen quixese podían ir a estudar ao salón de plenos. Agora  demostrouse a súa necesidade e mesmo tiveron que ampliar horarios. Seguiremos  vixiantes para evitar que a política de formigón, cemento e ladrillo de Telmo  Martín deixe hipotecado ao Concello de Sanxenxo e ás futuras Corporacións”,  conclúe Fran Leiro.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas