Home Pontevedra A Festa do Choco contará cun Punto Violeta e horarios con baixa...

A Festa do Choco contará cun Punto Violeta e horarios con baixa emisión de ruído

- Anuncio -

Redondela prepárase para celebrar a Festa do Choco, e faino cunha coidada programación que inclúe non só unha excelente oferta gastronómica, senón tamén unha ampla programación cultural e musical. Para que todos e todas poidan gozar destas propostas, a festa contará cun Punto Violeta os días 10 e 11 de maio en horario de 20:00 a 03:00 horas. Trátase dun servizo de “información, sensibilización e prevención da violencia contra a muller dirixido a toda a poboación”, sinala a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. Neste punto “préstase tamén atención, acollida, orientación, derivación e acompañamento ás persoas que o soliciten por ter sufrido unha situación de violencia”, aclara a edil. A atención no Punto Violeta non vai dirixida só as posibles vítimas senón tamén “a calquera persoa que poida presenciar comportamentos machistas, agresións ou calquera tipo de violencia sexual como insultos sexistas ou tocamentos non consentidos”, advirte Vilaboa. “Desde o goberno local queremos que as nosas festas sexan espazos de diversión libres de violencias machistas, onde todas as persoas sexan libres de gozar en liberdade e en igualdade de condicións”, explica a alcaldesa, Digna Rivas.

Horario con baixas emisións de ruídos

Para favorecer tamén a participación na festa das persoas con alta sensibilidade aos ruídos, establecerase un horario de baixas emisións na zona das atraccións. O venres día 10, de 18:00 a 19:00 horas, e o sábado e domingo en horario de mañá de 12:00 a 13:00 horas e pola tarde de 18:00 a 19:00 horas. Con este horario sen ruídos o Concello quere favorecer a inclusión e o goce dos nenos, nenas e adultos sensibles aos ruído para que poidan gozar tamén das atraccións ou do ambiente que rodea este tipo de celebracións con tranquilidade.

Viaxes á illa de San Simón

Lembramos que durante a fin de semana, o sábado e o domingo, organízanse viaxes á illa de San Simón ao prezo reducido de 5 euros. Venta de entradas no museo Meirande (986 458 891) e na oficina de turismo de Redondela (986 401 713). En caso de esgotarse as prazas a navieira ofertará novas visitas a través da súa páxina web www.crucerosangel.com

Horarios sábado día 11

Ás 12:00 h saída dende o peirao do museo Meirande

Ás 16:30 h saída dende o porto de Cesantes.

Ás 17:30 h dende o porto de Cesantes.

Horarios domingo día 12

Ás 12:00 h saída dende o peirao do museo Meirande

Ás 16:00 h saída dende o porto de Cesantes.

Ás 17:00 h dende o porto de Cesantes.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas