Home Pontevedra O Condado A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós...

A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós exames

- Anuncio -

O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU e finais e recuperacións. 

Como ven sendo habitual o Concello de Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal nos meses de exames finais e que coinciden coas probas da ABAU. Este ano a ampliación será dende o 14 de maio e ata o 5 de xullo en horario continuo dende as 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. 

Neste mesmo sentido e co fin de servir de axuda para os estudantes, o vindeiro luns 20 de maio de 19:30 a 21:00 horas o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre “Como abordar o estrés e a ansiedade nos mozos no momento dos exames”, unha charla dirixida a adolescentes en época de exames e impartida pola psicóloga Laura Fernández. 

Deste xeito, o Concello segue apostando por un novo espazo adaptado ás necesidades dos estudantes que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise e que ademais conta cunha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas