Home Xunta de Galicia Os propietarios de vivendas e edificios xa poden optar ás axudas da...

Os propietarios de vivendas e edificios xa poden optar ás axudas da Xunta de ata 38750€ para mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles

- Anuncio -

— Desde hoxe tamén se poden pedir subvencións dun máximo de 3.500 € para elaborar o chamado libro do edificio e de ata 30.000 € para os proxectos de rehabilitación


— O prazo para acollerse a estes dous novos programas, que suman un orzamento global de máis de 24 M€, permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de novembro

As axudas da Xunta para obras de mellora da eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares e edificios residenciais xa se poden solicitar desde hoxe. O importe máximo destes novos incentivos chegará ata os 38.750 euros, cubrindo en determinados supostos o 100% do custo da intervención a realizar.

Este luns, 16 de maio, publicouse no DOG a primeira convocatoria do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, financiado con cargo aos fondos NextGenerationUE e cun orzamento de 22,9 millóns de euros, polo que se converte na liña de incentivos neste eido co maior orzamento da historia.

Neste caso, os incentivos económicos destinaranse a apoiar actuacións de mellora da envolvente de edificios de uso colectivo e vivendas unifamiliares —como a renovación de fachadas e de cubertas—, e a substituír equipos de calefacción e de auga quente para lograr, como mínimo, un aforro enerxético do 30%.

De feito, atendendo aos ingresos dos solicitantes e á porcentaxe de redución dos consumos que se acade —a lo menos dun 30% en calquera caso—, a contía da subvención pode chegar ata os 38.750 euros, se a actuación prevé a retirada de elementos con amianto, e a un máximo de 26.750 euros noutros supostos.

Así mesmo, desde hoxe tamén se poden solicitar as axudas para elaboración do libro do edificio existente e para redacción de proxectos, documentación que xa é obrigatoria no caso de inmobles de nova construción e que se quere fomentar para o resto. A convocatoria de 2022, publicada onte, conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros e vai dirixida a edificios ou vivendas rematadas antes do ano 2000 que se vaian rehabilitar.

A contía máxima desta axuda será de 3.500 euros cando se destine a elaborar o libro do edificio e poderá chegar ata os 30.000 euros se o que se quere financiar é o proxecto técnico correspondente e necesario para executar as obras de mellora.

Grazas a estas dúas novas liñas de axudas fomentarase a rehabilitación enerxética no eido residencial a través de incentivos cos que se poderá cubrir non só o custo dos traballos a realizar sobre o inmoble, senón tamén os gastos asociados a trámites previos pero imprescindibles para poder executar este tipo de intervencións.

O orzamento reservado para estas dúas convocatorias suma un total de máis de 24 millóns de euros e nos dous casos, as persoas e comunidades de propietarios interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde hoxe, 17 de maio, ata o vindeiro 30 de novembro.

Relacionadas

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas