Home Pontevedra Poio O concello proxecta a ampliación dun tramo do camiño Banda do Río...

O concello proxecta a ampliación dun tramo do camiño Banda do Río de Campelo para garantir o tránsito de vehículos de emerxencia

- Anuncio -


• A actuación tamén servirá para reforzar a seguridade viaria e o tránsito peonil neste emprazamento da parroquia de San Xoán

O Concello de Poio proxecta levar a cabo unha ampliación no Camiño Banda do Río, en Campelo, co obxectivo de que exista un espazo suficiente que garanta o paso dos vehículos de emerxencias e doutros servizos de importancia, ao mesmo tempo que se mellora a seguridade viaria e peonil. Este será un dos puntos a abordar na Comisión de Urbanismo que se celebra este mércores, 18 de maio. Tal e com consta no informe elaborado polo enxeñeiro municipal, o tramo do camiño no que se pretende actuar atópase entre unha marxe de vivendas a un lado e un muro de peche por outro. A Administración local agradece a boa predisposición das persoas propietarias desta parcela á hora de ceder parte do terreo para poder facer realidade esta mellora, que o Concello entende que é moi necesaria, dado o elevado número de veciños e veciñas que residen nesta zona da parroquia de San Xoán.

Segundo se inclúe no informe técnico, os traballos están valorados en algo máis de 8.000 euros e consistirán no desmonte do muro actual, para a continuación habilitar unha construción de zapata corrida de formigón e pedra. Tamén se procederá a reconstruír o
peche, coa nova aliñación que se establece na cesión. O Concello de Poio confía en poder levar a cabo esta actuación canto antes, co obxectivo de permitir o paso de vehículos de emerxencias e reforzar a seguridade no tránsito rodado e peonil.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas