Home Deputacións Deputación Pontevedra "Degusta Europa" chega ao Mercado de Mondaríz nunha nova cita gastronómica cos...

“Degusta Europa” chega ao Mercado de Mondaríz nunha nova cita gastronómica cos mellores produtos de quilómetro cero

- Anuncio -

O público que se achegou ao mercado tivo a posibilidade de degustar un menú con elaboracións inspiradas en pratos e bebidas de Grecia, Dinamarca, Italia e Francia

A cita coa gastronomía europea chega este venres a Pontevedra e continuará en Gondomar, o martes 24, Vigo, o xoves 26, e, para rematar, A Guarda, o martes 31

O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” continúa a súa ruta polos mercados da provincia cunha nova parada en Mondariz. Os e as visitantes do mercado municipal, así como as persoas traballadoras do mesmo, tiveron a oportunidade de descubrir as tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza. Unha cita que non se quixeron perder, ademais, a deputada de Proxectos Europeos, Iria Lamas, e a de Promoción Económica e Emprego, Raquel Giráldez, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros. Alí tiveron a oportunidade de degustar tapas e bebidas típicas de Grecia, Dinamarca, Italia e Francia que os e as alumnas do Carlos Oroza elaboraron empregando produtos do mercado de quilómetro cero.

Pan de pita con roupa vella de matanza (a base de lacón, polo, tenreira e chourizos) e queixo galego foi a adaptación do pan aireado típico de Grecia, mentres que o smoreebrob de troita estaba inspirado nas tostas de pan branco e peixes afumados ou mariñados típicos de Dinamarca. A degustación rematou cunha panacota de requeixo con mirabeis e moras, baseado na típica sobremesa italiana a base de nata fresca e xelatina. Para acompañar os pratos, o alumnado do CIFP Carlos Oroza elaborou unha reinterpretación do cóctel francés Negroni, a base de vermú de camelia, xenebra galega e laranxa sanguiña. Foi un menú moi ben recibido por todas as persoas que decidiron achegarse ao mercado municipal a descubrir estas propostas gastronómicas europeas.

Aínda quedan citas co programa “Degusta Europa”. A próxima será mañá, día 20, no Mercado de Pontevedra (11.oo h.), coa degustación de sopa de goulash de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Países Baixos), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda), nun menú elaborado de novo polo alumnado do CIFP Carlos Oroza.

O resto das propostas terán lugar nos mercados de Gondomar (24 de maio), do Progreso en Vigo (26 de maio) e A Guarda (31 de maio), todas ás 11.00 horas, e o alumnado do CIFP Manuel Antonio será o encargado de elaborar os menús europeos. Así, poderanse probar propostas gastronómicas como a cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brochetas de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo; enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas