Home Ourense O Carballiño A Xunta destaca en Piñor os valores da industria forestal galega: compromiso...

A Xunta destaca en Piñor os valores da industria forestal galega: compromiso co territorio e sustentabilidade

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións da empresa Maderas Gómez

— O Goberno galego agarda que o proxecto da fábrica de fibras téxtiles xere novas oportunidades para toda Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións de Maderas Gómez en Piñor -un dos 66 concellos emprendedores da provincia de Ourense-, onde destacou os valores da industria forestal galega: compromiso co territorio e sustentabilidade.

A compañía, que conta con 117 empregados e factura 13,9 millóns de euros, prima en todos os seus procesos madeira quilómetro cero, procedente da contorna. Ademais, no seu compromiso pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética, dispón de caldeiras de biomasa e paneis fotovoltaicos.

Conde subliñou que a Xunta quere estar ao carón das empresas do sector forestal impulsando unha industria sustentable e estratéxica, comprometida co medio rural e o emprego e que faga máis produtivo o monte. Por iso, a Axencia Galega da Industria Forestal estase centrando na modernización do sector; na busca de valor engadido a través da innovación, a formación e a promoción dos novos usos da madeira; e no impulso da economía circular. Así, as liñas de axuda postas en marcha o pasado ano chegaron a 143 empresas e asociacións e mobilizaron 37M€.

A Xunta conta tamén coa Axenda da Industria Forestal 2022-2024 para seguir apostando por esta industria composta por 3000 empresas que, como Maderas Gómez, xeran riqueza e representan o 12% do emprego industrial e o 1,8% do PIB galego.

Conde lembrou a oportunidade que para este sector suporán os fondos Next Generation e referiuse ao proxecto de fibras téxtiles de Palas de Rei que suporá un antes e despois para a provincia de Lugo pero tamén para concellos que, como Piñor e o resto da comarca do Carballiño, están próximos, xa que se calcula que as pemes representarán o 65% dos provedores da nova fábrica.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas