Carral activa un espazo web con toda a información sobre o Inventario de camiños e vías municipais

Redacción
Lectura mínima de 2

• Haberá un prazo de dous meses para presentar alegacións.

• O inventario será presentado polas distintas parroquias.

• O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, subliñou que “queremos que toda a veciñanza teña acceso sinxelo a esta información e poida revisala con detalle”.

O Concello de Carral habilitou na súa páxina web oficial unha nova pestana en portada que recolle toda a información relativa ao Inventario de camiños e vías municipais, co obxectivo de facilitar o acceso á documentación por parte de todos os veciños e veciñas.

Esta iniciativa púxose en marcha logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación inicial do Inventario de camiños e vías municipais do Concello de Carral. A partir de mañá, 2 de abril, ábrese un prazo de dous meses para a presentación de alegacións por parte das persoas interesadas.

Deste xeito, o Concello pon ao dispor de todos os veciños e veciñas tanto o documento completo como ferramentas dixitais para a súa consulta, incluíndo un visor específico e unha ligazón de descarga directa.
Ademais, o inventario será presentado polas distintas parroquias, co fin de achegar a información a todos os núcleos do municipio.

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, destacou a importancia deste proceso para a participación cidadá: “Queremos que toda a veciñanza teña acceso sinxelo a esta información e poida revisala con detalle, xa que se trata dun documento moi relevante para ou noso territorio”.

Así mesmo, o rexedor subliñou o compromiso do Concello coa transparencia e a implicación veciñal: “Abrimos este período de alegacións para garantir que ou inventario recolla a realidade dous nosos camiños e vías, contando coa colaboración de todos vos veciños”.

Comparte este artigo