Home A Coruña Constituída a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero...

Constituída a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero na Pobra

- Anuncio -

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero constituíuse neste 27 de xuño na Pobra do Caramiñal nunha reunión copresidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), tal e como se acordara na última Xunta Local de Seguridade.

Estes órganos permiten promover políticas e actuacións para a detección precoz desta lacra social, así como erixirse como ferramenta para a sensibilización da veciñanza, polo que nesta mesa tamén participan persoal técnico da Administración local, Policía local, Garda Civil e representantes do eido educativo e do tecido asociativo.

Neste senso, a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), puxo en valor que este instrumento operativo busca a implicación dos distintos ámbitos do concello co obxectivo de “darlle unha resposta eficiente aos casos de violencia que se produzan no ámbito municipal.”

Trátase, polo tanto, dun paso máis na loita contra a violencia machista. A este respecto, o rexedor apuntou que tamén se mantivo nesta xornada un encontro coa xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, María Isabel Álvarez García, para avanzar nos trámites de incorporación ao sistema VioGén e establece-la coordinación neste ámbito entre as forzas de seguridade presentes no termo municipal.

Pola súa parte, a subdelegada cualificou a constitución desta mesa como algo “transcendental” co obxectivo de coordinar os servizos e recursos para actuar na prevención da violencia machista. Coa incorporación da Pobra do Caramiñal, xa son 34 os concellos da provincia da Coruña que traballan con mesa de coordinación. Actualmente hai activos máis de 1900 casos de violencia de xénero na provincia, “polo tanto, son máis de 1900 razóns para seguir afondando nesta loita e optimizar tódolos recursos e instrumentos que temos á nosa disposición para garanti-la seguridade destas mulleres.”

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas