Home A Coruña 28 X en San Sadurniño

28 X en San Sadurniño

- Anuncio -

Vai rematando este 28X centrado no respecto na reivindicación dos dereitos e o respecto das diversidades afectivas e de todas as maneiras de ser e sentir.

Este serán pechamos os actos organizados en colaboración coa Asociación Cultural Brío mostrando a “Árbore da Diversidade” deseñada polas nenas e nenos nos obradoiros dirixidos a semana pasada por Paula Aneiros. Debaixo do grande magnolio dos xardíns, as familias e a rapazada foron pendurando cadansúa folla multicor, como raiolas de luz que nos convidan a pensar sobre a volta que aínda debe dar a sociedade.

Tal e como apuntou Montse Sande, da AC Brío, “as agresións homófobas aumentaron neste ano 2022 e a maioría das crianzas e adolescentes con diversidade sexual sofren acoso escolar”. Dous titulares da prensa destes días que mostran unha realidade “que temos que cambiar” e que Brío, como entidade que traballa coas crianzas e a mocidade, está axudando a mudar “traballando en igualdade, diversidade e respecto polos demais… o pilar fundamental para conseguilo”.

Ademais da “Árbore da Diversidade”, Brío tamén ofreceu na pista multixogos a actuación das rapazas de Danza estética e de Hip-Hop, quen prepararon “case sen tempo” dúas coreografías.

A concelleira de Igualdade, Araceli Bellas, agradeceulles ás mozas e ás profesoras -Sara Rodríguez e Nerea Rodeiro- o esforzo por ter os bailes a punto para hoxe. Ara Bellas destacou “compromiso coa diversidade ” da Asociación Cultural Brío e puxo á cativería dos seus grupos de arte e danza como exemplo do talento que hai en San Sadurniño.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas