Home Ourense O Carballiño O concello ten que resolver a legalidade para poider dispoñer de unha...

O concello ten que resolver a legalidade para poider dispoñer de unha vez do baixo do edificio “Corral”

- Anuncio -

Os veciños veñen oíndo falar nos últimos vinte anos sobre un local que o Concello tería no edificio do Corral. De feito, tense falado moitas veces das múltiples utilidades que se lle poderían dar o local; pero a realidade e que nunca se lle deu uso ningún, sen que se acertase a saber cales son as causas.

Buscando un pouco nas resolucións que foi ditando ese Concello a longo dos anos vemos que na Xunta de goberno de 18 de febreiro de 2005 se aprobou un prego de condicións administrativas para o alleamento “do local municipal sito na Rúa Juan Corral Pajariño, edificio Corral, de 190 metros cadrados” publicándose anuncio en tal sentido no DOGA de 30 de marzo de 2005, resultando deserta a poxa de segundo acordo da Xunta de Goberno de 17 de Xuño de 2005. De acordo coa acta de esta última xunta de goberno, o local adquirírase a medio de convenio urbanístico cos propietarios do solar. Sabemos tamén que a licencia de obra concederase o 9 de febreiro de 2000 e a licencia de ocupación, que acredita o remate das obras, o 12 de Novembro de 2003. Polo tanto, e de acordo co que levamos dito, o Concello do Carballiño podería dispoñer do local desde o mes de Novembro do ano 2003.

Por iso resulta incrible o que aconteceu desde o pleno do mes de maio. Recordamos que ao rematar o pleno se lles dixo aos representantes da asociación Asdifica que poderían ver o local para determinar si se axustaba as súas necesidades, como paso previo para a súa cesión. Tras preto de un mes de busca das chaves do local por parte dos responsables municipais, a historia acabou comunicándolle aos representantes da Asociación que non se podía facer nada porque había problemas co local.
Ao parecer os problemas son, sinxelamente, que o local non está a nome do Concello do Carballiño, quen incluso non ten a posesión do mesmo, polo que de ningunha maneira se podería dispoñer del.
A gravidade de isto e enorme e supón que dende fai dezaoito anos e medio o Concello non foi quen de solucionar os problemas que houbese para darlle unha utilidade ao local. Se tiveramos que traducir isto en cartos podemos calcular que o Concello leva perdido preto de 130.000 euros, calculando unha renda de 600 euros mensuais, algo perfectamente razoable. Compre tamén pensar nos alugueres que o Concello leva aboando nestes anos e que podería ter aforrado se a súa xestión fose minimamente eficaz (por exemplo o Bo Día Familia, ou de forma indirecta o local de recadación…)
E xa non é só o que se leva perdido, senón a falta de iniciativa para solucionar o problema. O grupo de goberno e agora perfectamente sabedor da situación, sen que se fixera nada para acabar co problema, polo que esta situación podería continuar indefinidamente, que e precisamente o que esta moción trata de evitar.
O que solicitamos e que o Grupo de Goberno deixe de mirar para outro lado e lle de unha solución a esta cuestión de forma definitiva, sen mais demoras. E cando estea solucionada a cuestión da propiedade do local poderemos discutir si o mellor e vendelo, como se pretendeu facer no 2005, destinalo a actividades municipais, ou cederllo a Asdifica, se fose o caso.

É polo que se somete a consideración do pleno deste concello o seguinte ACORDO:

  • Que se determine a propiedade do baixo de 190 metros cadrados, sito no “Edificio Corral” , na rúa Juan Corral Pajariño ao que se refiren os acordos citados da Xunta de Goberno Local de 18 de febreiro e 17 de xuño de 2005, e no seu caso se proceda a súa inscrición no Rexistro da Propiedade a favor do Concello do Carballiñio

Relacionadas

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

Publicacións Relacionadas