Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que O Concello de...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que O Concello de O Irixo recupere a feira do tellado

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que O Concello de O Irixo recupere a feira do tellado, unha moción socialista de 28 abril de 2017 que foi aprobada no pleno da corporación municipal a proposta do grupo municipal socialista fai máis de 5 anos.
Lamentan sen embargo, a desidia e pasividade do grupo de goberno do partido popular que goberna o Irixo dende fai mais de 35 anos, na conservación desta feira e os seus desaparecidos pendellos de pedra, empregados polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalerías ou o gando, comer e facer as vendas e as compras, algunhas destas construcións de pedra poderían datar do século XVIII.

O portavoz socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, lamenta que non se fixera nada en máis de 5 anos e agora a 10 meses das eleccións o grupo de goberno invista máis recursos, tempo e diñeiro público en propaganda e autobombo que en traballar pola conservación e o futuro do Irixo.

No caso da feira do Tellado por desgracia, a pouca sensibilidade e visión de futuro e respeto polo patrimonio do grupo de goberno, fai que na actualidade non existen os pendellos a diferencia do que pasa noutros concellos como o de Agolada, onde os seus pendellos foron declarados conxunto histórico-artístico en 1985, e en 1990 a Xunta de Galicia e o concello puxeron en marcha un proxecto para limpar e restauralos e recuperalos, mágoa que no Irixo preferise destruílos e facelos desaparecer como outras tantas mostras do noso patrimonio que por desgracia van esmorecendo e desaparecendo por todo o Concello.
LAMENTAN OS SOCIALISTAS O ABANDONO DO IRIXO MAIS ALO DA PROPAGANDA E O AUTOBOMBO DO GRUPO DE GOBERNO co diñeiro público de toda a veciñanza.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas