Home Ourense Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións...

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1 de maio e unha carreira ciclista

- Anuncio -

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas ao tráfico pola celebración das manifestacións do día 1 de maio, organizadas polos sindicatos CIG, CUT e CC OO, e da Carreira Ciclista da Península Ibérica.

A proba deportiva requirirá realizar cortes de tráfico tanto na súa saída (ás 10.20 horas, co itinerario: Vistafermosa, Isaac Piñeiro, Ribeira Sacra, Glorieta de Ervedelo e Nacional 120), como na chegada (sobre as 12.30 h, por N-120, Glorieta de Ervedelo, Ribeira Sacra, Isaac Piñeiro, Vistafermosa e Mondideu).

No centro da cidade haberá 3 manifestacións pola celebración do 1 de maio:

Manifestación da CIG (11:30 h, con aproximadamente 90 minutos de duración): Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior
Manifestación de CUT (11:30 h, con 2 horas aproximadamente de duración): Saída da Ponte Vella, xunto ao Pavillón de Deportes, Avenida da Habana (sentido contrario), Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior
Manifestación de CC OO (12.00 h, cunha duración duns 90 minutos): Saída de Pardo de Cela, Progreso, Cruz Vermella, Paseo, Curros Enríquez, Subdelegación do Goberno.
Para facer posible o seu desenvolvemento, pecharase o tráfico de vehículos na rúa Pardo de Cela e na rúa do Progreso á altura da Praza de Abastos número 1 (desviando neste caso o tráfico pola rúa Doutor Fleming). As rúas reabriranse ao remate dos eventos, previsto para as 14.00 h. Tamén se pechará ao tráfico a Avenida da Habana, á altura de Avenida de Bos Aires, e reabrirase en torno ás 12.15 h

As liñas do servizo de autobuses variarán o seu percorrido para evitar os puntos de corte e desviaranse por Pena Trevinca, Celso Emilio Ferreiro ou Avenida de Portugal, en función do seu destino.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas