Home A Coruña Os alumnos do obradoiro de emprego ‘Construíndo futuro’ continúan a poñer en...

Os alumnos do obradoiro de emprego ‘Construíndo futuro’ continúan a poñer en práctica os coñecementos adquiridos en materia de construción e do sector forestal

- Anuncio -

· Veñen de acondicionar a Praza da Insuela en Camariñas, mellorar as escolas de Subeiro e o Pavillón de Baíñas en Vimianzo e labores de mantemento das obras previas en Quintáns, Viseo e a Caberta, en Muxía

· Tamén realizaron o curso “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”

Os 20 alumnos e alumnas do Obradoiro Dual de Emprego “Construíndo Futuro” que desenvolven de forma conxunta os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, continúan coa aprendizaxe no sector forestal e da construción. Os certificados de profesionalidade que se están a impartir son os de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” e “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”.

O alumnado de Pavimentos e Albanelería de Urbanización segue a desenvolver as habilidades adquiridas nas aulas poñéndoo en práctica nas actuacións en Camariñas. Neste concello veñen de rematar a actuación que estaban desenvolvendo na praza da Insuela, que tiña por obxectivo acondicionar a zona axardinada para mostrar unha continuidade de aspecto con outras zonas do pobo colocando pedra do país tipo Santiago. Para lograr isto, procedeuse a quitar o formigón armado, a terra sobrante e a pedra branca decorativa desta zona, substituíndoa por pedra do país tipo Santiago.

No Concello de Vimianzo os alumnos desta especialidade remataron as actuacións na escola de Subeiro e no Pavillón de Baíñas. Na escola de Subeiro executáronse actividades técnicas como a eliminación do pladur que se atopaba en mal estado e substitución do mesmo por un novo con illamento de lana de roca, limpeza de humidades, pintado de paredes, lavado a presión de muros exteriores de pedra e posterior tratamento antihumidade no exterior. Nos catro vestiarios do pavillón de Baíñas, colocaron azulexo nas paredes exteriores das duchas, encintaron a totalidade do azulexo, tanto no exterior coma no interior das duchas para evitar filtracións e humidades, pintaron a totalidade das paredes do interior dos vestiarios e duchas con pintura plástica branca antihumidade. A seguinte actuación que comezarán en breve será facer o peche perimetral con muros de ladrillo do local anexo ao ximnasio municipal de Vimianzo.

Por outra banda, o alumnado do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes continuou a súa formación práctica realizando actuacións nos tres concellos organizadores do Obradoiro Dual de Emprego. No Concello de Muxía, fixeron labores de mantemento das actuacións que se levaran previamente a cabo en Quintáns, Viseo e Caberta. Ao mesmo tempo, en Camariñas, o alumnado da especialidade de montes acompañou o traballo desenvolvido polo grupo de albanelería, colocando terra vexetal e pedras brancas decorativas nos alcorques das árbores da praza da Insuela. Unha vez rematada dita actuación, realizaron a limpeza con máquina a presión de dita praza. A maiores disto, en Camariñas tamén fixeron unha limpeza exhaustiva tanto na zona do Mirador do Barrio de Corea, coma na Praia da Area da Vila. No Concello de Vimianzo fixeron labores de mantemento das actuacións feitas con anterioridade (Padreiro, Grixoa e Castrelo). Nestes momentos están organizando as últimas actuacións tanto no Concello de Vimianzo coma no de Muxía.
A maiores das actuacións prácticas, o alumnado-traballador da especialidade de Montes realizou durante o mes de xuño o curso que estaba programado no proxecto do obradoiro “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”, de 20 horas de duración, impartido polo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Dentro desta formación, tamén participaron nunha sesión formativa sobre o manexo de drons no ámbito forestal. Ademáis, o día 1 de xullo, o alumnado desta especialidade participou na viaxe de carácter didáctica á Feira Internacional de Galicia GALIFOREST, co obxectivo de participar nas actividades organizadas na mesma, xa que se adecúan ó programa formativo do certificado de profesionalidade ampliando así a formación recibida ó longo do obradoiro e favorecendo a empregabilidade do alumnado-traballador.

O Obradoiro Dual de Emprego Construíndo futuro, que rematará o 28 de xullo deste ano, é posible grazas a unha subvención por valor de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas