Home A Coruña O Programa de Coidados Porta a Porta estará ata o xoves no...

O Programa de Coidados Porta a Porta estará ata o xoves no concello de Oroso

- Anuncio -

― A Xunta prestou atención a máis 10.000 persoas de 150 concellos galegos en tres meses

― Oito unidades móbiles percorren todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, ofrecendo servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a unidade de atención do programa de Coidados Porta a Porta que estará ata este xoves no concello de Oroso. A través deste servizo, a Xunta presta atención gratuíta ás persoas maiores de 55 anos en audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Desde o pasado mes de marzo oito unidades, como a que hoxe chegou a Oroso, percorren todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades. Xa son máis de 10.000 persoas de 150 municipios distintos as que pasaron por estes dispositivos. En concreto, na provincia da Coruña, atendéronse a máis de 2500 persoas dende a posta en marcha do programa.

Na súa visita, Antón Acevedo puxo en valor a importancia de coidar aos maiores e o éxito que está a ter esta iniciativa, que lles permite contar con estes servizos ao lado das súas casas. O Executivo autonómico destina preto de 10 millóns de euros para o desenvolvemento desta acción pioneira.

Cita previa
Ademais de en Oroso, esta semana o Coidados Porta a Porta estará nos concellos de Ordes, Abadín, Friol, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Palas de Rei, O Pereiro de Aguiar, Cerceda, Trazo, Guntín e en Paderne de Allariz.

Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas