Home Pontevedra A Lama Preto de 180 persoas inscribíronse no concello da Lama para participar no...

Preto de 180 persoas inscribíronse no concello da Lama para participar no paseo en piragua deste luns polo río Verdugo

- Anuncio -

Monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa facilitarán a iniciación a este deporte cun paseo gratuíto en autovaciables desde a contorna da praia fluvial da Lama e a ponte do Verdugo

Preto de 180 persoas formalizaron nas oficinas do Concello da Lama a súa inscrición para participar nun paseo en piragua gratuíto polo río Verdugo que terá lugar este luns, 1 de agosto, a partir das 17 horas, e en seis quendas para maior comodidade e seguridade dos participantes.

Así, o Concello da Lama dedicará a xornada do próximo luns 1 de agosto, dentro do programa do “Verán Cultural”, a fomentar a práctica do piragüismo, coa posta en marcha dunha nova edición dos paseos en autovaciables desde a contorna da praia fluvial da Lama e a ponte vella do río Verdugo, para público de todas as idades. Esta iniciativa de grande éxito volve a poñerse en marcha despois de dous anos de parada obrigada por mor da pandemia da Covid-19.

Esta xornada de iniciación ao mundo do piragüismo conta coa colaboración material e humana do Club de Piragüismo Vilaboa que facilita monitores experimentados así como as embarcacións necesarias para atender quendas de paseo horarios desde as 17 ás 20 horas.

Os participantes terán que colocarse obrigatoriamente chalecos salvavidas que facilitará a organización e estarán en todo momento supervisados por monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa que irán explicando aos asistentes as nocións básicas sobre a embarcación que van tomar para coñecer a súa manexo e posibilidades de practicar este deporte de maneira ocasional ou competitiva.

Os monitores expoñerán tamén aos participantes os distintos modelos de piragua existentes e as súas diferenzas coas canoas. Tamén as principais técnicas para facer máis eficiente o traballo da palada na auga.

PRAIA LIBRE DE FUMES E ACCESIBLE PARA PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOVILIDADE

O Concello da Lama lembra que a praia fluvial do Verdugo conta cunhas analíticas que certifican que as súas augas teñen unha cualificación de “excelentes” e que está adherida á Rede Galega de Prias sen Fume. Ademais, conta con zona arborizada, espazos de sol e de sombra, mesas e todo tipo de servizos que fan deste lugar uno dos preferidos non só dos residentes e visitantes da Lama senón doutros municipios limítrofes.

O Concello da Lama, coa colaboración económica da Xunta de Galicia, realizou non hai moito un importante investimento en materia de mellora da accesibilidade á contorna natural da praia fluvial para persoas con dificultades de mobilidade e, en especial, para aquelas con problemas de visión severa que dispoñen de todo un sistema de guías para favorecer o seu normal desprazamento polos distintos lugares que compoñen estas instalacións.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas