Home Deputacións Deputación Ourense A XII Andaina de Armariz recadará fondos para a Asociación Ourensá de...

A XII Andaina de Armariz recadará fondos para a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras

- Anuncio -

A andaina está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz en colaboración coa Deputación e o Concello de Nogueira. Arrancará este sábado, día 6 de agosto, ás 09,30 horas do souto de San Ramón

Este sábado, día 6 de agosto, volve a tradicional andaina de Armariz, que combina a reivindicación da vida activa e a solidariedade, estando dedicada este ano a axudar á Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER), colectivo ao que irá destinado a metade da recadación do evento.

A cita está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz en colaboración coa Deputación de Ourense e o Concello de Nogueira de Ramuín. O vicepresidente primeiro do goberno provincial, Rosendo Fernández, reuniuse esta mañá co presidente da asociación veciñal, David González, o concelleiro de Deportes de Nogueira, Raúl Soto, e os membros de AODEMPER Alberto Permuy, Socorro Fernández e Laura Ruiz, para presentar a décimo segunda edición dunha andaina que combina “deporte, solidariedade e respecto polo medio ambiente”, como resaltou Fernández.

A XII Andaina de Armariz, que ten un percorrido de 12 quilómetros, arrancará ás 09,30 do sábado no souto de San Ramón. Dende a organización destacan que deseñaron unha andaina “doada, sen moitas subidas, e con moita sombra”, e inciden en que se “recorre toda a zona de parroquia, que conta cunha gran riqueza patrimonial. Durante a andaina poderase ver unha igrexa do século XII, o peto das ánimas ou un petroglifo”. Ademais, explican, “esta edición inclúe a novidade dun cambio de ruta respecto a anos anteriores grazas á ampliación da Ruta dos Muíños de Cachamuíña, que xa chega ata Armariz”.

O custe da inscrición -aberta ata o 4 de agosto- é de 6 euros, e pode realizarse na oficina de turismo de Luíntra, na sede de AODEMPER, na tenda Hada Madrina ou a través dos teléfonos 666 147 477 ou 669 211 828. Xa suman máis de 100 participantes.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

Publicacións Relacionadas