Home Pontevedra A Lama O presidente da Xunta participa no Xantar da 3ª idade xunto a...

O presidente da Xunta participa no Xantar da 3ª idade xunto a 300 persoas n Carballeira das Ermidas

- Anuncio -

Alfonso Rueda e Jorge Canda amosáronse satisfeitos pola acollida deste evento de reencontro entre residentes na Lama e no exterior despois da pandemia da Covid-19

O tradicional ‘Xantar da Terceira Idade’ que organiza o Concello da Lama na Carballeira das Ermidas reuniu hoxe a unhas 300 persoas entre as que se atopaba o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez e membros da Corporación Municipal.

A comida estivo amenizada pola Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro, que ofreceron aos asistentes o seu habitual repertorio a base de cancións de moda dándolle tamén unha nota de humor a esta celebración que recupera o seu esplendor despois de dous anos de parón obrigado polas restricións impostas pola pandemia da Covid-19.

O alcalde da Lama, Jorge Canda, agradeceu a presencia do presidente da Xunta e tamén dos veciños e veciñas que se xuntaron baixo os carballos centenarios das Ermidas para continuar fieis coa vella tradición de celebrar o Xantar da Terceira Idade.

Canda aproveitou a presenza de Rueda para recordarlle que a Xunta ten que continuar a mellora da PO-244 a Portela da Cruz e solicitoulle unha intervención para sanear e recuperar a Carballeira das Ermidas, lugar que acolle tradicionalmente esta celebración.

Pola súa banda, Alfonso Rueda sinalou que recollía o recado e comprometeuse a rematar coa mellora emprendida polo Goberno da Xunta nesta estrada e tamén a estudiar en que forma se podía colaborar e contribuír a conservar e potenciar este espazo natural incomparable como é a Carballeira das Ermidas.

Esta celebración adoita ser tamén unha cita obrigada para que os maiores do municipio e os residentes no exterior protagonicen un reencontro estival e así o lembrou o propio alcalde Jorge Canda e o presidente da Xunta quen amosou o seu orgullo polos nosos emigrantes “auténticos embaixadores e punta de lanza da imaxe de Galicia en todo o mundo favorecendo que aumento o noso prestixio internacional e incluso as nosas exportacións porque eles son garantía da seriedade dos galegos no mundo”.

Relacionadas

O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a coñecer o...

0
Vai dirixido a persoas de 10 a 17 anos. As súas propostas de mellora son logo trasladadas ao goberno local Tui. Mércores, 8 de maio...

O Concello de Nigrán ofrece este venres un concerto de ‘Os alegres do Val...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES UN CONCERTO DE ‘OS ALEGRES DO VAL MIÑOR’ NO MARCO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS Terá lugar a...

Mos adxudica a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda

0
-          A resolución da licitación do contrato vén de ser aprobada en Xunta de Goberno Local e conta con subvención da Deputación -          O Concello optará ao...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

Bueu celebra este MAIO as Letras Galegas ‘para poñer en valor a lingua en...

0
Carmen García, concelleira de cultura e normalización lingüística, agradece a colaboración dos colectivos da vila no programa que tamén visibiliza a figura de Luísa...

Un percorrido pola senda do Furnia centra esta fin de semana as dúas citas...

0
Inclúen á visita ás igrexas parroquiais de Malvas e Pexegueiro, ás esculturas de Rai e á empresa Trigo y Limpio Dobre proposta esta fin de...

Publicacións Relacionadas