Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán ofrece este venres un concerto de ‘Os alegres...

O Concello de Nigrán ofrece este venres un concerto de ‘Os alegres do Val Miñor’ no marco da celebración das Letras Galegas

- Anuncio -

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES UN CONCERTO DE ‘OS ALEGRES DO VAL MIÑOR’ NO MARCO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Terá lugar a partir das 20:00 horas no exterior do muíño de Porto do Molle e o sábado haberá foliada cos gaiteiros e pandereteiras do Sobreiro e Leni Pérez e Roberto Comesaña

O Concello de Nigrán ofrece este venres 10 de maio, a partir das 20:00 horas, o concerto do ‘Os alegres do Val Miñor’ no exterior do muíño de Porto do Molle, unha actividade encadrada na celebración das Letras Galegas durante todo o mes. Trátase dun grupo formado por dúas gaitas, catro acordeóns, dous saxos, e percusión. Os seus integrantes son veciños de distintas parroquias do Val Miñor.

Previamente, este xoves pola mañá, terá lugar a primeira celebración oficial da festa dos ‘Maios’ na mesma contorna con todos os centros escolares, e co engadido da obra teatral de Trémola ‘A nena e o violino’, sobre a vida e obra de Luísa Villalta. E o sábado 11 ás 20:00 horas terá lugar unha foliada cos gaiteiros e pandereteiras do Sobreiro e a actuación ‘De flor en flor’, da intérprete Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas