Home Vigo Mos Mos adxudica a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa...

Mos adxudica a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda

- Anuncio -

–          A resolución da licitación do contrato vén de ser aprobada en Xunta de Goberno Local e conta con subvención da Deputación

–          O Concello optará ao mesmo plan provincial Ágora para a financiación da obra, cun orzamento aproximado de 800.000 euros

A administración local mosense continúa con paso firme o camiño do ‘Mos humanizado e das persoas’ poñendo en valor os principais lugares de esparcemento nas diferentes parroquias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa hoxe de que vén de ser adxudicada en Xunta de Goberno Local a contratación do proxecto mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda no Barrio do Piñeiro para o cal o Concello de Mos conta con subvención da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, liña destinada á redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables.

O importe ascende a 40.849,10 €, que será investido na elaboración do proxecto de humanización integral da contorna da Igrexa de Sanguiñeda, actuación que a rexedora local mosense levaba incluída no seu programa electoral dos pasados comicios municipais.

“Deste xeito continuamos, con paso firme, o camiño do ‘Mos humanizado e das persoas’ poñendo en valor os principais lugares de esparcemento nas diferentes parroquias” declarou a rexedora local.

Os concelleiros de Urbanismo (e natural da devandita parroquia de Sanguiñeda), José Ramilo, e de Patrimonio, Leo Costas, visitaron esta mañá a contorna na que se acometerá a obra. A actuación de mellora da contorna parroquial abarcará unha superficie total de máis de 4.500 metros cadrados e requerirá dun investimento aproximado de 800.000 eurosPara financiar dito importe o Concello optará, unha vez rematado o proxecto, ás axudas a tal fin da mesma Rede Ágora da Deputación de Pontevedra que subvencionou o proceso de redacción.

Pola súa banda o Concello de Mos adquiriu a parcela necesaria para acometer a obra na parroquia de Sanguiñeda, de 775,72 metros cadrados, para a incorporación ao patrimonio público (que supuxo unha inversión de 22.048,16 euros). O devandito espazo estará incluído na humanización.

A actuación de humanización proposta, e na que se incluirá a parcela adquirida, ten por obxecto mellorar as instalacións e servizos existentes, así como a urbanización da contorno da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda e as vías de comunicación que atravesan o torreiro. A superficie de actuación sitúase no Barrio de Piñero, ao oeste da Avenida de Sanguiñeda e comprende a superfice do torreiro da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, o acceso dende a Avenida de Sanguiñeda baixando cara ao oeste e cruzando o Río Perral ata chegar ao torreiro. A superficie de actuación total é de 4.540,00 m2.

As parcelas que se atopan dentro da intervención proposta serán espazos que se destinarán ó uso público e permitirán regularizar zonas de circulación tanto de vehículos coma de peóns ademais de facilitar os accesos ás edificacións existentes. Parte da superficie de actuación está delimitada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal dentro do Contorno de Protección do elemento catalogado como é a Igrexa Parroquial de Santa María, que conta cunha protección Integral.

A actuación proposta enténdese como a máis idónea para o programa de necesidades exposto e responde á reflexión sobre a funcionalidade, orientacións, adaptación ó entorno.

A extensión da mesma vén dada pola necesidade de adecuar accesos existentes a parcelas, circulación de vehículos dos residentes no núcleo e peóns, así como permitir de maneira excepcional o paso de trasporte público de persoas, recollida se residuos, …

As intervencións divídense en varias partes. Primeiro o soterrado das liñas aereas de electricidade e telefonía existentes. Desta maneira tamén se executarán novas acometidas que eliminarán os cadros, contadores, postes, … que pasarán a estar aloxados en arquetas. Trazaranse varias liñas de recollida de augas pluviais que se canalizarán ata os puntos de verquido a escorrentías naturais.

Para permitir o uso da superficie do torreiro incoporaranse varios muros que conterán o terreo de maneira escalonada, isto dará lugar a plataformas cunha pendente totalmente accesible. Con esta adaptación da ransante ábrese un paso ata a planta inferior do edificio lindeiro ó sur que permite o acceso a persoas con mobilidade reducida. A este mesmo punto poderase chegar polas escaleira situadas no eixo da praza. A cualificación do programa xerarase pola vinculación do torreiro ao medio, co uso de materiais acordes co mesmo mediante volumetría sinxela e adaptada á propia escala do espazo. Os desniveis xerados protexeranse mediante petos e barandillas, de maneira que nunca exista una altura de caída que supere o indicado por normativa. A superficie de todo o ámbito tratarase con 3 materiais que permiten tanto o tráfico rodado como o peonil. Por un lado formigón continuo en varias cores, adoquín semicontinuo que permita o crecemento intermedio de herba e por último unha superfice blanda de xabre compacto na que se sitúan bancos, árbores e outros elementos. A iluminación tamén se dispón en 3 formatos; proxectores enrasados no pavimento, farolas baixas en percorridos de paso e focos de iluminacion direccionables na superfice da praza. 

Relacionadas

Xosé Enrique Acuña conducirá este venres unha última visita guiada á exposición ‘Castelao: o...

0
A visita co comisario da mostra será o venres 31 de maio ás 19:00 h, e non será necesaria a inscrición previa Aproveitando os últimos...

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
Policía Local, Protección Civil e Garda Civil vixiarán con drons todo o areal e controlarán desde a mañá o acceso ás praias para impedir...

A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 600 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

A Deputación destina 50.000 euros á Misión Biolóxica de Galicia para que transfira o...

0
Organizaranse actividades de difusión que abranguen desde visitas de agricultores, produtores ou pequenas e medianas empresas á Misión Biolóxica, ata encontros e campañas en...

Publicacións Relacionadas