Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a...

O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a coñecer o grupo de participación infantil e xuvenil ParTUIcipando

- Anuncio -
Vai dirixido a persoas de 10 a 17 anos. As súas propostas de mellora son logo trasladadas ao goberno local

Tui. Mércores, 8 de maio de 2024

Tui conta dende o ano pasado cun grupo de participación infantil e xuvenil, ParTUIcipando, cuxo obxectivo é dar voz á poboación infantil e xuvenil, coñecer as súas inquedanzas, suxestións,… e logo trasladalas ao goberno local.

Co obxectivo de seguir dando a coñecer este grupo a semana pasada comezaron unha serie de sesións informativas nos centros escolares tudenses para trasladar ao alumnado a posibilidade de formar parte deste grupo no que se abordan as temáticas que elas e eles mesmos deciden. As propostas de mellora  elaboradas no grupo son logo trasladadas ao Concello.

As primeiras sesións informativas tiveron lugar xa nos CEIP’s de Guillarei e de Pazos de Reis, e continuarán o próximo luns no CEIP de Randufe. O obxectivo é ir visitando todos os centros educativos tudenses para recordar a existencia deste grupo de participación convidando así ao alumnado a formar parte do mesmo. As reunións comezaron precisamente por aqueles centros educativos que arestora non teñen a ningún representante en ParTUIcipando, e proseguirán nas próximas semanas nos outros centros educativos de Primaria e nos institutos. As persoas con idades entre os 10 e os 17 anos que desexen formar parte deste grupo de participación poden contactar co 604 086 970.

O grupo de participación infantil e xuvenil, ParTUIcipando, reúnese unha vez ao mes, en horario de tarde, dando voz así aos nenos e nenas, mozos e mozas.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, convida á poboación nova de Tui a sumarse a ParTUIcipando, un grupo co que se garante o dereito a participación infantil que recolle a Convención sobre os Dereitos do Neno. Sinala que co mesmo ábrese un espazo no que escoitar o parecer dos nenos e nenas e adolescentes sobre os temas que lles afectan para ter en conta a súa visión dende a administración local. Lembra amais Sonsoles Vicente que que o grupo tudenses está representando no CAIA, Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, un órgano de carácter consultivo que ten por obxectivo achegar as súas propostas ao goberno da Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas