Home A Coruña A Deputación da Coruña e o Concello de Fene asinan o convenio...

A Deputación da Coruña e o Concello de Fene asinan o convenio de financiamento para a compra de dous inmobles que acollerán varios servizos municipais

- Anuncio -

A achega económica suscrita esta mañá polo vicepresidente da Deputación e o alcalde ascende a 248.000 euros, o 80% do investimento necesario para a adquisición das novas instalacións, IVE excluído

Trátase dun entresollado e un baixo que suman case 1.700 metros cadrados de superficie e que se dedicarán a oficinas na parte superior e a garaxe e almacén na inferior

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Fene, Juventino Trigo, subscribiron esta mañá o convenio nominativo para financiar a adquisición por parte do Concello dun baixo e un entresollado situados na confluencia do Camiño da Casa Nova con Naturais de Fene. Trátase dunha construción triangular cuxa parte inferior, de 809 m2, se ten previsto dedicar a estacionamento de vehículos municipais, mentres que a superior -de 883 m- se acondicionará para acoller varios servizos, aliviando deste modo os problemas de espazo que padece neste momento a Administración local. O importe da compra acordado cos propietarios xa o ano pasado ascende a 310.000 euros máis IVE, dos que a Deputación achegará 248.000 -o 80%-, mentres que o Concello de Fene porá con recursos propios o 20% restante, ademais dos custes rexistrais e do valor engadido.

A sinatura do convenio económico coa Deputación da Coruña é un paso máis para facer realidade un proxecto no que o Concello de Fene leva traballando case dous anos co obxectivo de solventar a falla de espazo, as deficiencias e os problemas de accesibilidade detectados en varias dependencias, como é o caso do Xulgado de Paz, os servizos de Promoción Económica e Turismo ou o departamento de Formación e Emprego, situado nun primeiro andar sen ascensor.

Estes tres servizos serán os que, en principio, se trasladarán ao novo entresollado que escriturará proximamente o Concello, situado a pouco máis de cen metros da sede consistorial. Ademais, o Goberno local tamén ten intención de levar para o novo edificio todo o arquivo municipal, que nestes momentos ten a maior parte dos seus fondos gardados nun espazo alugado.

Con 883m2 de superficie diáfana, o inmoble ten sitio máis que dabondo para ese cometido “e incluso podería acoller máis servizos se fose necesario”, comentou Juventino Trigo. O alcalde destaca “a boa situación” das futuras oficinas que, segundo describiu, “quedan moi preto da Casa do Concello e á beira de Naturais de Fene, unha das nosas principais avenidas. Pero para nós un dos principais valores do sitio, ademais do espazo, é que ten acceso a nivel desde a rúa Camiño da Casa Nova, o que sen dúbida mellorará a accesibilidade da veciñanza que teña que facer calquera xestión”.

310.000 euros máis IVE de investimento
O acordo alcanzado cos propietarios inclúe tamén o baixo de 809 m2. Esta superficie terá como primeira función ser garaxe dos vehículos da Policía Local e de Protección Civil, aínda que tamén “é susceptible de empregarse como espazo de almacenamento”, avanza Trigo ao tempo que engade que ambos recintos requirirán o seu acondicionamento antes de poder ser utilizados.

O alcalde incidiu “na boa disposición” que tiveron os titulares dos dous inmobles -a edificación é toda unha peza, pero con referencias catastrais distintas para o baixo e o entresollado- “para que o Concello tivese oportunidade de comprar e por un prezo certamente axeitado”.

Juventino Trigo lembra que os propietarios propuxeron unha cantidade de 310.000 euros máis IVE, unha cifra “sensiblemente inferior ao que sería o prezo de mercado”, tal e como asegura o alcalde e como reflicte o informe técnico de valoración que acompañou o acordo plenario adoptado en novembro de 2021 para solicitar a colaboración provincial.

A achega da Deputación da Coruña asinada hoxe a media mañá polo seu vicepresidente, Xosé Regueira, e por Juventino Trigo, ascende a 248.000 euros, o que supón o 80% da base impoñible da compra. O 20% restante, así como os gastos rexistrais, notariais e de impostos, serán asumidos polo Concello con fondos propios.

A axuda farase efectiva en dúas veces: 99.200 euros con carácter inmediato, unha vez que se achegue a documentación solicitada pola Deputación, e os 148.800 euros restantes no momento en que se escrituren os inmobles e consten inscritos no inventario municipal.

Relacionadas

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas