Home O Ribeiro Castrelo de Miño César Fernández define a Coupe de la Jeunesse como “unha magnífica postal...

César Fernández define a Coupe de la Jeunesse como “unha magnífica postal que amosa o futuro de Ourense”

- Anuncio -

O vicepresidente segundo da Deputación resaltou na inauguración oficial desta competición “a aposta do goberno provincial por potenciar o ecosistema deportivo de Ourense”

A primeira competición internacional de remo que acolle Ourense reúne ata o domingo a 15 seleccións europeas de remo. A xornada de mañá celebrarase entre as 08,30 e as 14,30 horas

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, interveu esta tarde no Parque Náutico de Galicia na inauguración oficial da Coupe de la Jeunesse 2022, “unha cita coa que Castrelo de Miño entra no calendario das mellores capitais dos deportes náuticos. Este é, sen dúbida, un fito que amosa o futuro de Ourense”. Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente.

Na súa intervención, César Fernández definiu á primeira competición de remo internacional que acolle Ourense, como unha cita con “quince seleccións europeas que axudan a construír unha magnífica postal que amosa ata onde pode chegar a provincia de Ourense a través da cooperación interadministrativa, a alianza público-privada e políticas públicas ben plantexadas”.

O vicepresidente segundo da Deputación destacou a aposta do goberno provincial por “converter a Ourense nun gran ecosistema deportivo e impulsar o turismo deportivo”. Un traballo de fondo, explicou Fernández, “que xa ten transformado ao Cerlac en referencia para os adestramentos dalgunhas das mellores seleccións de remo e piraguismo”. A Coupe de la Jeunesse, explica o vicepresidente, é “agora o seguinte chanzo, respaldado cun importante investimento deste goberno provincial. E podemos concluír que o retorno xa está garantido, pola repercusión económica, turística e de imaxe para o noso territorio”.

César Fernández avanza que a Coupe de la Jeunesse “será a primeira competición de remo internacional de moitas para Ourense” e quixo recoñecer “o esforzo colectivo de todas as persoas que traballaron neste proxecto, que dun xeito conxunto acabaron definindo esta lámina de auga como estratéxica para o norte peninsular”.

A xornada de mañá da Coupe de la Jeunesse arrancará ás 08,30 e concluíra ás 14,30 horas.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

Publicacións Relacionadas