Home A Coruña Alternativa de Sada reclama á Xunta servizos adicionais de autobuses para as...

Alternativa de Sada reclama á Xunta servizos adicionais de autobuses para as festas

- Anuncio -

A Xunta está a prestar este servizo adicional de autobuses para garantir unha mobilidade segura nas festas dos concellos da área metropolitana da Coruña coma Oleiros ou Culleredo, mais esqueceuse de Mosteirón a pesar de ser unha das festas máis multitudinarias da comarca.

Alternativa dos Veciños reclama igualdade de trato respecto a outros concellos no tema dos servizos adicionais de autobuses que a Xunta está a prestar en festas coma as do Burgo, Mera ou Lorbé. Para Alternativa resulta absolutamente discriminatorio o trato que a Xunta lle está a dar ó Concello de Sada respecto a este tema, xa que, a Xunta de Galicia esqueceuse por completo das festas de Mosteirón onde houbo unha grandísima afluencia de cidadáns e incluso un falecido en accidente de tráfico, e lembra que estas medidas de Servizos adicionais de autobuses para as festas parroquiais son esenciais para procurar unha mobilidade segura.

Este esquecemento das festas de Mosteirón por parte da Xunta tampouco é algo novo para Alternativa, xa que, esta parroquia sadense é a única que non ten ningunha parada de autobús a pesar do novo plan de transporte galego aprobado recentemente. Alternativa dos Veciños demanda da Xunta de Galicia o mesmo trato para Sada que o que está a ofrecer a outros concellos e confía en que nas vindeiras festas da capital do Concello, as Festas do San Roque, a Xunta incremente o servizo de autobuses para acudir as festas de Sada, unhas celebracións cuxa popular sardiñada é Festa de Interese Nacional.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas