Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén recupera a celebración da súa festa patronal en honra...

Pazos de Borbén recupera a celebración da súa festa patronal en honra a Santa María

- Anuncio -

A verbena nocturna contará as actuacións musicais de Manoele de Felisa e o Grupo Fórmula

O Concello de Pazos de Borbén celebra este luns a súa festa patronal en honra a Santa María de Pazos tras dous anos sen celebrarse pola pandemia. A xornada contará cos tradicionais ritos relixiosos e actuacións musicais e finalizará coa clásica verbena na que non faltará a animación musical ademais dos tradicionais postos e atraccións.

A xornada comezará coa celebración dunha misa solemne a partir das 13:00 horas na Igrexa de Santa María de Pazos. A continuación, terá lugar a tradicional procesión na que non faltará a animación musical a cargo da Banda de Música de Arcade. Ás 22:00 horas, na praza do Concello, comezará o concerto de Manoele de Felisa e, a continuación, celebrarase a tradicional verbena nocturna que contará, ademais dos clásicos postos e atraccións, cun baile animado por Grupo Formula.

Historicamente, a organización da celebración das festas patronais de Santa María de Pazos dependeu de varios colectivos. Orixinalmente dependía do consistorio local ata que, a mediados do século pasado, os emigrantes retornados de Brasil fixéronse cargo da festividade dado o seu alto poder adquisitivo. Xa case na década dos 70, xa practicamente sen emigrantes retornados, pasou a mans dos veciños e, tras deixar de celebrarse durante varios anos, en 2019 o goberno local fíxose cargo da súa organización para manter a tradición.

“Manter vivas as nosas tradicións é unha forma de manter con vida a nosa historia”, destacou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, que engadiu que “despois da pandemia os veciños teñen moitas ganas de recuperar as festas tradicionais do verán, é como a confirmación de que todo quedou atrás”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Concello de Nigrán dá o derradeiro paso para ser declarado ‘Cidade Amiga...

0
A corporación aprobou por unanimidade no Pleno ordinario de hoxe presentar a candidatura oficial do municipio para ser distinguido por Unicef este ano como...

O Concello mellora a rúa Domingo de Andrade creando espazos peonís, soterrando servizos e...

0
O concelleiro Xaquín Moreda acordou intervir nesta rúa, situada ao pé de Santa María, para mellorar a calidade de vida da veciñanza e dar...

O Concello inicia a instalación do parque de actividade física ao aire libre...

0
Trátase dun equipo que máis de dez elementos para fortalecer a musculatura, estabilidade, resistencia e  tonificación corporal.  A Concellaría de Deportes está a instalar nestes...

Publicacións Relacionadas