Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán dá o derradeiro paso para ser declarado ...

O Concello de Nigrán dá o derradeiro paso para ser declarado ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF

- Anuncio -

A corporación aprobou por unanimidade no Pleno ordinario de hoxe presentar a candidatura oficial do municipio para ser distinguido por Unicef este ano como ‘Ciudad Amiga da Infancia’

O alcalde comunicou no Pleno a denuncia do PP ao TACGAL que obriga a tramitar a contratación do lixo novamente. “Presentaremos por terceira vez os pleglos e o faremos as veces que faga falta ata que saían adiante, porque o que non ímos consentir é que o PP e a Xunta nos deixen cun contrato obsoleto que prexudica a toda a cidadanía e aos traballadores”, expón González

O Concello de Nigrán aprobou por unanimidade no Pleno ordinario de hoxe presentar a candidatura oficial do municipio para ser distinguido por Unicef como ‘Ciudad Amiga da Infancia’. O Concello de Nigrán, tras anos de intenso traballo, está xa oficialmente a un só paso de obter esa declaración tras serlle outorgado o ano pasado unha disposición transitoria que sinalaba en Galicia a Nigrán, Burela e Viveiro entre os 25 novos municipios de toda España candidatos oficiais a obter o selo CAI (concedido de xeito bianual, cunha vixencia de 4 anos, e que na nosa Comunidade dispoñen actualmente Moaña, Moeche, Redondela, Teo e Tomiño, sumando en todo o país 301 entidades locais). Desde esta disposición, a Concellería de Educación, a cargo de Estela Pérez, ven implementando o ‘Plan Local de Infancia e Adolescencia’. Esta distinción a outorga UNICEF España, xunto co Ministerio de Juventud e Infancia, a Federación Española de Municipios y Provincias e o Instituto Universitario de ‘Necesidades y Derechos de la Infancia y la Adolescencia’ a aqueles que superen un duro proceso de avaliación.

“O selo non se consigue nun día. Levamos anos de traballo para cumplir con todos os requerimentos esixidos e aspiramos a obtelo definitivamente a finais deste ano”, explica González, quen aclara que, precisamente, o obxectivo é promover o desenvolvemento, mellora e innovación continua nas políticas de infancia e adolescencia no ámbito local (por esta razón, o Concello creou no 2021 o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán).

Contrato do servizo de recollida de residuos

Por outra banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, comunicou ante o Pleno o resultado do recurso do PP ao TACGAL sobre os plegos de contratación do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e praias e que obriga a reformulalos novamente. Estes xa foran denunciados polo PP en novembro de 2023, cando se presentaron ao pleno por vez primeira, rexeitando o TACGAL o seu recurso pero admitindo nesa ocasión o da CIG. “Agora este órgano administrativo, non xudicial, con nomeamentos a dedo a cargo do presidente, Alfonso Rueda, volve a paralizalo por un recurso do seu partido. Pois non ímos parar, presentaremos por terceira vez os pleglos e o faremos as veces que faga falta ata que saían adiante, porque o que non ímos consentir é que o PP e a Xunta nos deixen cun contrato obsoleto, vencido xa, e que prexudica a toda a cidadanía e aos traballadores”, expón González, quen engade que os tres aspectos que agora pide correxir o TACGAL é incluir a recollida orgánica máis alá dos grandes produtores, ademais de os aceites e o textil. “O propio contrato xa inclúe os orgánicos nos establecementos comerciais e indica que durante a súa vixencia se estableza este quinto contedor para a veciñanza que, de momento, non é obligatorio. En canto á recollida de textil e aceite, temos ONG como Cáritas e o que o están a facer gratuítamente para o Concello e ás que non queríamos prexudicar, pero lamentablemente teremos que prescindir delas e, o que pior, todo iso hai que repercutilo no orzamento final da contratación, polo que este subirá”, explica o rexedor, quen recoñece que desde que chegou a resolución estase a traballar no Concello para emenda-los plegos. “Non pararemos ata que sexa imposible que o TACGAL os tombe grazas ás sucesivas denuncias que, estamos seguros, o PP irá poñendo. É moi triste que os pregos do lixo máis técnicos e transparentes na Historia deste Concello sexan recurridos unha e outra vez por un PP que prima os intereses do seu partido por riba da cidadanía e dos traballadores”, finaliza.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas