O Concello inicia a instalación do parque de actividade física ao aire libre nas inmediacións da ponte dos Tirantes

adminON
Lectura mínima de 4

Trátase dun equipo que máis de dez elementos para fortalecer a musculatura, estabilidade, resistencia e  tonificación corporal. 

A Concellaría de Deportes está a instalar nestes días os elementos do primeiro parque de actividade física nas  inmediacións da ponte dos Tirantes. Trátase dun equipamento deportivo situado ao aire libre adxudicado á  empresa Kompan no ano 2021, que logo de varios problemas administrativos e coa súa localización, a  concelleira Anabel Gulías acordou instalalo no inicio do paseo fluvial do Lérez. O custe foi de 97.707,50 euros.  

A nova infraestrutura deportiva está instalada nunha área de terra compactada estabilizada cunha capa de  cemento e ten unhas dimensións aproximadas de 300 m2.  

Os elementos que a compoñen son:  

• Pesas magnéticas: equipo cross systems composto por 3 pesas magnéticas de 6, 9 e 12 kg. Axuda a  aumentar a resistencia, tonificación e forza muscular, pero tamén a estabilidade.  

• Suspension trainers: equipo cross systems composto por 3 pares de aneis ergonómicos a distintas  alturas para adaptarse a todos os tipos de exercicio. Está pensado para aproveitar ao máximo a  potencia física. Axuda a aumentar a residencia muscular, a forza, a coordinación e a flexibilidade  corporal.  

• Combinación 2: combinación de equipos workout composto por un banco de abdominais inclinado,  espaleira, agarradoiras laterais, dúas barras horizontais a alto nivel e dúas a nivel baixo.  

• Estrutura Bootcamp: conxunto workout composto por unha estrutura de 8 postes porticados na súa  parte superior cunha ménsula en cada lado. A estrutura dispón dunha gran cantidade de orificios onde  encaixar os diferentes elementos deportivos.  

• Barra triple: está deseñada especificamente para o adestramento da parte superior do corpo, pectorais  e brazos, pero a súa vez como elemento para estirar as pernas. O conxunto está composto por tres  barras horizontais alineadas e a distintos niveis (alturas: 38cm, 58cm y 133cm) unidas mediante postes  fixados ao chan. 

• Step 20 cm, 40 cm, 60 cm e 80 cm.: Equipo individual de steps para realizar exercicios a distintas alturas.  

• Dip Bench: conxunto workout formado por dúas barras paralelas ancoradas ao chan mediante postes  metálicos, en perpendicular a estas saen catro travesas en forma de u invertida a dous niveis distintos e  en parellas, as esquinas das travesas están curvadas para permitir ao usuario deslizar as súas  extremidades polos extremos sen impedimentos nin salientes, facilitando os exercicios.  

• Bicicleta cidade: a bicicleta de cidade con pantalla ofrece una postura cómoda e desafiante para todos  os usuarios.  

• Bicicleta para brazos: foi deseñada para o desenvolvemento físico do tronco superior. A bicicleta é  apta para todos os usuarios xa que o seu poste inclinado permite acceder facilmente ao seu uso. A  resistencia é bidireccional.  

• Barras paralelas: conxunto de dúas barras paralelas dispostas a 107 cm do chan.  O conxunto tamén disporá un cartel informativo cos exercicios posibles a realizar na zona de adestramento.  

Ademais, está deseñado para unha práctica deportiva inclusiva, posibilitando o uso de persoas con  mobilidade reducida, e terá un carácter polivalente, tanto no que se refire ao tipo de actividade física a  realizar como no que atinxe aos rangos de idade.

Comparte este artigo