Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación adxudica novas accións para modernizar e impulsar a competitividade do...

A Deputación adxudica novas accións para modernizar e impulsar a competitividade do comercio de proximidade na provincia

- Anuncio -

As accións de embelecemento e sinalización enmárcanse nos programas “Da túa man” e “Commerce inside”, dos que se beneficiarán 22 concellos

“Da túa man” e “Commerce inside” mobilizarán un total de 2 millóns de euros, dos que o 70% proceden de fondos europeos Next Generation

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar por 360.000 euros as primeiras accións dos programas “Da túa man” e “Commerce inside”, cos que a institución provincial busca “apostar polo comercio de proximidade de 22 concellos situados no interior da provincia”, sinalou a presidenta Carmela Silva, con iniciativas enfocadas á súa modernización e competitividade.

A primeira das dúas accións adxudicadas ten por obxecto o embelecemento das zonas comerciais da provincia, cun importe de 240.815 euros. Concretamente habilitaranse espazos axardinados próximos ás áreas comerciais de interese nestes concellos cos que se garantirá a súa accesibilidade universal. Os puntos contarán con cargadores solares, asentos e elementos decorativos co fin de convertérense en “puntos de encontro e de descanso para a clientela real e potencial do comercio de proximidade” da provincia, asegurou a presidenta provincial.

A segunda das accións adxudicadas hoxe consiste na implantación dunha sinalización corporativa para o comercio de proximidade, tanto no interior dos comercios como na rúa, que os negocios poderán empregar para localización, dirección, información, regulación ou con fins ornamentais. Esta acción adxudicouse por un valor de 118.289 euros.

“Da túa man” busca propiciar os cambios necesarios no interior da provincia para a reactivación do comercio con medidas encamiñadas por unha banda a modernizar tanto os comercios como as súas contornas e, pola outra, a iniciar a transformación dixital dos negocios. Está dotado dun millón de euros e desenvolverase en A Cañiza, Gondomar, Meaño, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño.

“Commerce inside”, tamén dotado dun millón de euros, busca impulsar a transformación dixital do comercio polo miúdo das zonas turísticas da provincia dotándoas de ferramentas estratéxicas cos que poderá enfrontar os retos de futuro vencellados á actividade turística. Beneficiaranse das accións comercios de Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, O Grove, A Guarda, Nigrán, Sanxenxo, Soutomaior, Tui e Vilanova.

A través dos programas “Da túa man” e “Commerce inside” mobilizaranse un total de 2 millóns de euros, que se financian ao 70% con fondos europeos Next Generation e o 30% restante asúmenos a partes iguais a Deputación e os concellos beneficiarios. “Estamos xa traballando para poder sacar a adxudicación o resto das accións contempladas nestes dous proxectos”, sinalou Carmela Silva.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas