Home Pontevedra A conselleira de Igualdade pon en valor o traballo realizado no Centro...

A conselleira de Igualdade pon en valor o traballo realizado no Centro de Atención á Muller de Arcade

- Anuncio -
  • María Jesús Lorenzana visitou esta mañá o centro acompañada de representantes dos tres municipios aos que se dá servizo
  • A conselleira de Promoción do Emprego e igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou esta mañá o Concello de Soutomaior para recoñecer o traballo realizado no Centro de Información á Muller de Arcade. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e as edís de igualdade dos tres concellos aos que presta servizo o CIM, acompañaron á conselleira e ensináronlle as instalacións nas que se realizan as actividades.
  • Durante a visita, Lorenzana destacou o traballo realizado polas traballadoras do centro “xa que son as responsables de materializar eficazmente os plans e as actuacións. Sen elas a colaboración entre administracións sería inútil”, apuntou a conselleira tras coñecer o resumo de actuacións de atención personalizada do centro. Un total que ascende a 745 veciñas desde o ano 2015.
    Do mesmo xeito, Lorenzana explicou que os CIM configúranse como un conxunto de recursos “de proximidade” desde os que se articula unha “intervención global” dirixida especificamente ás mulleres, prestando servizos multidisciplinares como asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación sociolaboral, así como calquera outro tipo de información encamiñada a apoiar ás mulleres para a consecución da igualdade plena.
  • Pola súa banda, Reguera agradeceu o recoñecemento da conselleira destacando o crecemento do servizo durante os últimos anos prestando unha asistencia “cada vez máis especializada. Un crecemento que este ano se reflicte na creación dos Puntos Lila que fan de todas as festas de Soutomaior un lugar seguro para todas as mulleres”, concluíu o rexedor.
  • Por último, a edil de Servizos Sociais de Pazos de Borbén, Eloisa Nogueira, puxo en valor a posibilidade de que os pequenos concellos que non dispoñen de suficientes recursos póidanse beneficiar dos seus servizos. “En coordinación cos Servizos Sociais permítenos garantir o servizo para nosas veciñas e contar con recursos para xerar campañas específicas a nivel local”.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas