Home Pontevedra A Lama A Plataforma ENCORO NON cualifica as declaracións de Abel Caballero de "Irresponsables"...

A Plataforma ENCORO NON cualifica as declaracións de Abel Caballero de “Irresponsables” e “Vigocéntricas”

- Anuncio -

A Plataforma Encoro Non considera “irresponsables” e “Vigocéntricas” as declaracións feitas polo alcalde Abel Caballero que, estando o encoro de Eiras casi no 90% da súa capacidade, segue reclamando insistentemente o transvasamento de auga dos ríos Verdugo e Oitavén para obter o 100% da capacidade de encoramento de auga mentras os concellos do seu arredor están en situación de especial dificultade pola seca.

Caballero volve facer gala da súa insolidariedade e do seu empecinamento persoal pretendendo ter un encoro ao 100% da súa capacidade cando moitos outros concellos están a xestionar o abastecemento da auga aos seus veciños con encoramentos que rondan o 40% ou incluso menos. Neste senso, non dubida en solicitar que se reduza o caudal ecolóxico dos ríos Verdugo e Oitavén e repróchalle á Xunta que non tivera construída xa a captación de auga na confluencia destes dous ríos que facilite o transvasamento.

Para a Plataforma ENCORO NON estas propostas están fóra de lugar e están feitas desde unha óptica “vigocentrista” ignorando por completo as necesidades dos demais concellos e a necesidade de preservar o caudal ecolóxico que pon en grave perigo a vida nos propios ríos Verdugo e Oitavén moi afectados pola seca e cun nivel moi por debaixo do habitual nestas épocas do ano coa única intención de contar co 100% da capacidade de encoramento de Eiras “custe o que custe” para seguir coa súa política de despilfarro e derroche de auga.

Neste senso, a Plataforma ENCORO NON lémbralle ao Concello de Vigo que as medidas que está empezando a tomar timidamente nestes días son meramente “estéticas” e con escaso resultado práctico toda vez que chegan tarde, mal e a rastro e co fin de “maquillar” a imaxe negativa que ten sobre a xestión da auga. Acórdase agora de baixarlle a presión ás duchas da praia, de reducir os baldeos con auga potable nas rúas, regado de xardíns e incluso di que está aproveitando as humanizacións da cidade para reducir as enormes fugas que padece a rede de abastecemento de Vigo.

“Os esforzos hai que centralos precisamente en solucionar as enormes fugas do sistema de abastecemento para que a auga non quede polo camiño e poida chegar aos fogares de Vigo e da súa contorna dun xeito eficiente sin ter que poñer en perigo os ecosistemas do Verdugo e o Oitavén”, sinalaron desde a Plataforma.

Nesta mesma liña, desde a Plataforma vese con preocupación iniciativas de ocio como os tobogáns acuáticos en concellos como Nigrán que, xunto con Baiona, “están a punto de quedarse sen auga”, según asegurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. En tempos de seca como os que estamos a vivir, parece pouco sensato poñer en marcha opcións de lecer desas características que resultan, cando menos, pouco edificantes e inspiradoras de políticas sustentables da auga.

Finalmente, a Plataforma ENCORO NON entende que tanto cidadáns como administracións debemos asumir que a auga non é un recurso ilimitado senón un ben escaso que temos a obriga de preservar e administrar dun xeito eficaz e eficientemente e con respecto co fin de conseguir un uso racional que non provoque nin desequilibrios no ecosistema nin un abuso desproporcionado en función dunha concepción expansionista deste recurso sobre o que todos temos dereito pero que ninguén ten a súa propiedade.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas