Home Pontevedra A Lama Veciños da Fentosa e O Campo inauguran a Capela na honra da...

Veciños da Fentosa e O Campo inauguran a Capela na honra da Virxe Peregrina, enn Seixido (A Lama)

- Anuncio -

O acto contou coa presencia do alcalde Jorge Canda e os tenentes de alcalde Jorge Méndez e David Carrera

Os veciños da Fentosa e O Campo (Seixido-A Lama) inauguraron a Capela na honra da Virxe Peregrina realizada por suscrición popular a través dun proxecto de colaboración veciñal impulsado, entre outros, por Germán Piñeiro Teodosio.

O evento contou coa presenza de numeroso público, entre os que estaban o alcalde Jorge Canda e os tenentes de alcalde Jorge Méndez e David Carrera, que se congregou nas inmediacións da nova capela que albergará, ademais da Virxe Peregrina, a San Xudas, a Virxe da Guadalupe, a Virxe do Pilar e a Sagrada Familia, entre otros.

Germán Piñeiro Teodosio, nunha alocución aos presentes antes de que compartiran un xantar de confraternidade, agradeceu ao Concello da Lama a súa colaboración para poder edificar este novo templo que, segundo manifestou, non so será para os veciños da Fentosa e O Campo, promotores da iniciativa, senón para todo aquel que queira rezar e achegarse ata a capela para efectuar algunha plegaria ou deixar algún exvoto.

UNS 300 COMENSAIS NO XANTAR DE CONFRATERNIDADE

Piñeiro Teodosio agradeceu aos preto de 300 comensais a súa participación neste evento e, moi especialmente, ás familias que colaboraron económicamente sufragando non so a construción da capela senón tamén as imaxes que foron mercadas, na súa maioría, en Portugal.

A Charanga Os Encerellados animou os momentos previos ao xantar e tamén a sobremesa. A festa continúa ás 21:30 horas cunha gran sardiñada e churrascada e rematará cunha verbena na que participarán Os Encerellados, o grupo musical 3.COM e un Dj.

O alcalde, Jorge Canda, felicitou aos veciños por esta iniciativa comunitaria e avogou polo entendemento e a boa veciñanza para seguir mantendo unidos aos residentes en Fentosa e O Campo, como ata agora.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas