Home A Coruña A Xunta avanza nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada...

A Xunta avanza nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-2331, no treito coincidente co Camiño Norte, no concello de Sobrado

- Anuncio -

― A actuación, cun investimento de máis de 215.000 €, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros

― As obras forman parte das 39 intervencións de mellora da seguridade viaria que a Xunta vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 M€

― O Goberno galego dálle así continuidade ás 70 obras que realizou o pasado ano nas marxes dos Camiños,ás que destinou 1,4 M€

A Xunta avanza nas obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, ao paso polo concello coruñés de Sobrado.

Esta intervención, que comezou a semana pasada e supón un investimento de preto de 215.000 euros, céntranse na execución dunha senda de algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 14+065 e 15+615.

O novo itinerario disporá de 2 metros de ancho, con chan seleccionado estabilizado pola marxe dereita da estrada e con gabia pola beira.

A actuación enmárcase nas 39 intervencións de mellora da seguridade viaria que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 millóns de euros.
A encomenda deste ano levarase a cabo nos distintos camiños e trazados da ruta xacobea en tres provincias galegas. Na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións; na de Lugo, 23; e na de Ourense, 5.
O Goberno galego dálle así continuidade ás 70 obras que realizou o pasado ano nas marxes dos Camiños, e ás que destinou 1,4 M€.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas