Home A Coruña Cabanas incrementa o número de visitantes durante o verán

Cabanas incrementa o número de visitantes durante o verán

- Anuncio -

A área de turismo analiza os datos dunha tempada que supera todas as espectativas

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, vén de presentar os datos de visitantes da tempada, unhas cifras que amosan a consolidación dunha tendencia á alza no número de visitantes que se achegan a coñecer o concello, cun incremento do 42% neste 2022 con respecto ao ano 2021.

A Oficina de Información e Turismo (OIT), situada no Parque do Areal, atendeu 7274 persoas que se achegaron demandando información sobre Cabanas e a súa contorna, así como tamén polas actividades programadas desde o Centro de Interpretación do Medio Mariño (inaugurado esta tempada), os acceso e roteiros polas Fragas do Eume e a praia canina situada na Madalena.

“Os datos de visitantes son o resultado dunha planificación na que se ten en conta tanto a potencialidade do destino como a do sector local de turismo, co que este verán se levaron a cabo diversas actividades de promoción en conxunto”, sinalou o tenente alcalde e responsábel de turismo, Iago Varela, quen tamén destacou “a importante proxección de Cabanas en feiras e eventos do sector, como Fitur, Turexpo, Primavera no Camiño ou Equiocio, nas que se participa de forma activa”.

As visitas en datos

O 81% das visitantes que pasaron pola Oficina de Información Turística de Cabanas procedían de diferentes puntos do Estado español, destacando – por esta orde – o número de persoas chegadas desde Madrid, Andalucía, Galiza, Comunidade Valenciana e Castela A Mancha. Tamén destaca o crecemento nas procedencias desde as Illas Canarias.

Os número de visitantes internacionais medrou neste 2022 un 7% con respecto ao 2021. O 91% das visitantes estranxeiras proceden de Europa, de maneira significativa desde Italia, Portugal, Alemaña, Reino Unido e Francia, e por primeira vez desde que se teñen datos recíbense visitantes desde Oceanía.

En canto ao modo de viaxar, un 34% dos visitantes fíxoo cun grupo organizado de máis de 10 persoas, o 31,7% en parella ou familia e un 28,3% faino coas súas amizades. Tan só un 6% viaxa en solitario.

Para os desprazamentos, a meirande parte das visitantes elixiu o vehículo particular, ao tempo que continúa a tendencia crecente ao uso da autocaravana e furgonetas camperizadas para a mobilidade e aloxamento. As persoas que contrataron aloxamento, fixérono principalmente en hoteis e albergues, e en menor medida en aloxamentos turísticos.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas