Home Deputacións Deputación Ourense Un contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile...

Un contacontos achega a ciberseguridade aos nenos, nunha actividade enmarcada na Mobile Week Ourense

- Anuncio -

A iniciativa chegou esta mañá ao colexio Virxe da Pena da Sela, no Irixo

O colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe da Pena da Sela, no Irixo, acolleu esta mañá unha actividade enmarcada na segunda edición da Mobile Week Ourense arredor da ciberseguridade infantil. Un contacontos e un ilustrador narraron aos nenos o conto “Ciberseguridade con Sofía”, un conto que achega aos máis pequenos o uso seguro de internet.

Con este conto ilustrado, os nenos acompañan a Sofía na resolución das súas inquietudes para gozar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse nesta contorna dixital. A través desta historia, compártense cos máis pequenos e pequenas consellos e recomendacións básicas para un uso responsable da identidade na internet, a publicación de imaxes en redes sociais, a xestión de contrasinais ou a identificación de noticias falsas; á vez que se difunden valores esenciais de comportamento no ciberespazo: sentido común, respecto e empatía.

Esta actividade organizada dentro da programación paralela da Mobile Week Ourense 2022 está enmarcada no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega. Os centros educativos interesados en acoller esta actividade poden solicitalo no enderezo electrónico mobileweekourense@depourense.es

Unha ampla programación do 15 ao 18 de setembro

A segunda edición da Mobile Week Ourense celebrarase entre o 15 e 18 de setembro cunha ampla programación, que inclúe talleres, charlas, conferencias, demostracións ou formación dixital para todos os públicos. A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona, está deslocalizada pola provincia e perfilada baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas