Home O Morrazo Cangas O concello renova as pistas polideportivas do CEIP San Roque cun investimento...

O concello renova as pistas polideportivas do CEIP San Roque cun investimento que supera os 44.000 euros

- Anuncio -

A alcaldesa lamenta que o bloqueo ao orzamento impida executar máis obras de renovación de equipamentos deportivos

As pistas polideportivas anexas ao CEIP San Roque, na rúa Tobal, comeza a temporada escolar cun aspecto totalmente renovado despois dun investimento de 44.000 euros que permitiu subsanar as deficiencias que presentaban estas instalacións.

A alcaldesa e concelleira de Deportes, Victoria Portas, recoñece que se trataba dunha actuación imprescindible e moi necesaria debido ao estado tanto do firme das pistas como das gradas e recorda que o investimento tería sido en máis instalacións de terse aprobado o orzamento municipal para este exercicio, rexeitado por PP e PSOE.

A actuación desenvolvida durante este verán polo goberno de Cangas abrangueu todas as instalacións deportivas, dunha superficie duns 1.400 metros cadrados, nos que se encontran dúas pistas de tenis, unha pista de futbol sala, dúas minipistas de basquet e outras dúas de volea.

As pistas presentaban un estado de avanzado deterioro polo que foi necesario unha actuación profunda ademáis de repararon de diversos tramos de gradas, actuando sobre o espazo dos asentos, procedendo ao seu pulido para garantir a comodidade do público.O investimento incluíu tamén a reposición de redes, tensores e diferentes elementos de xogo en estado de deterioro.

Victoria Portas recorda que o aglomerado asfáltico que se renovou databa dos anos 90, momento no que se situaron dúas pistas deportivas no espazo comprendido entre o pavillón e as bancadas actuais. “Ao longo destes anos realizáronse obras de mellora para utilizarse principalmente como pistas de tenis. Co paso de tempo e o desgaste polo uso masivo de xogadores, tanto as capas de slurry iniciais, así como as posteriores, con diferentes acabados estaban totalmente deterioradas e non cumprían a función para a que foron deseñadas”.

O estado das pistas imposibilitaba o desenvolvemento de adestramentos e torneos de tenis polo que era necesario “dotalas dun novo recubrimento adaptado e homologado para pistas deportivas que cumpra con todos os requisitos necesarios para o desenvolvemento do xogo: rapidez, bote vertical da pelota, regularidade ou uniformidade superficial da pista, pendente e planeidad da pista”.

A actuación deseñada por Victoria Portas ten a intencionalidade de aperturar os centros educativos, fora das horas lectivas, ao uso pola veciñanza e clubes do noso concello, promover o deporte como actividade lúdica é social é un avance na educación e vida saudable do noso concello. Seguiremos actuando en outras instalacións a medida que a economia nos permita.

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas