Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó Goberno Municipal á...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó Goberno Municipal á convocatoria de axudas ós/ás estudantes do Irixo

- Anuncio -

Queremos unha cobertura social exemplar para garantir o dereito a unha educación igualitaria, axudando ós estudantes e ás familias dos estudantes que o precisen.

É importante habilitar unha partida orzamentaria para axudar a moitas familias e estudantes do noso Concello, máis cando se gastan miles de cartos en festas e paparotas a cargo do diñeiro público.

Cada euro investido na educación dos nosos nenos e mozos é sobradamente recuperado e revirte nun mellor futuro da nosa sociedade, é dicir, no futuro do Irixo.

Recordar que fai xa uns 5 anos, o pasado 5 de outubro de 2017, os socialistas xa presentamos esta moción para Á CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO, sen que a data de hoxe nada se fixese neste senso, mentres se inviste en outras cousas non necesarias.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á “CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.- Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.

Relacionadas

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

Publicacións Relacionadas